14/04/20

RECURSOS DE XEOGRAFÍA, HISTORIA. PANDEMIA COVID 19.



>>-COVID-19. Visualizer. (Datos da pandemia COVID-19 actualizados ao minuto no mundo)


-Achego unha serie de documentos como recursos que se poden utilizar para facer as vosas indagacións sobre as pandemias que se deron ao longo da Historia da humanidade. 
-Tamén o punto de vista da Xeografía serve para traballar sobre a súa localización no mapa, tanto as do pasado como a actual; para facer estudos sobre a incidencia na poboación, dada a alta mortalidade que provoca; como afecta a unha poboación tan envellecida como a europea; para facer un estudo do seu efecto no medio rural e no urbano, etc. 
-Sen esquecer o papel da Historia da Arte na representación da enfermidade e da morte nas diferentes épocas.

>Pensade que xa estudamos as diferentes etapas da Historia nos diferentes niveis da ESO e Bacharelato, por iso tedes coñecemento desas épocas para poder poñer en contexto os casos de pandemias que houbo no pasado. Veredes que teñen certas características semellantes...
>En Xeografía, xa que estivemos a traballar os mapas ao longo do curso, é importante seguir insistindo en facer os mapas mudos físicos e políticos de todos os continentes en 1º e 2º ESO, para despois ter o coñecemento suficiente para facer as localizacións dos lugares máis nomeados como protagonistas da pandemia.


                     Anxo da morte golpeando as portas da Antiga Roma coa epidemia da peste. (gravado do s. XIX.

PROCEDEMENTOS:

-Facer as preguntas consabidas para darlle resposta aos interrogantes aos que nos enfrontamos os humanos dende este confinamento de alcance global, converténdovos en investigadore/as, xornalistas, científica/os, historiadora/es, etc:


-Que é, que sucedeu?

-Cando ocorre?
-Onde ocorre?
-Como se van sucedendo os feitos, o proceso?
-Por que ocorreu, cales son as causas?
-Cales son as consecuencias?

-Facer unha liña do tempo (ou eixe cronolóxico) para situar os feitos. Unha liña mundial, outras por países (China, Italia, EEUU, España. Galicia...) comparativas.


-Localizar sobre o mapa os lugares maís e menos afectados con datos actualizados. 


-Elaborar gráficos cos datos da evolución da pandemia, tendo en conta as variables de contaxiados, hospitalizados, mortes. 


-Elaborar un guión e esquemas para ir ordenando a información nos diferentes aspectos a tratar. Podedes facer fichas diferentes cos puntos esenciáis de cada temática sobre a pandemia: historia, aspectos sanitarios, servizos esenciais, localización, tema socioeconómico, actuación e decisións políticas, normas e problemática do confinamento, actitudes éticas, como circula a información periodística, como a cultura é consumida nas casas, etc.


-Buscar imaxes de representacións de epidemias, pandemias, pestes, etc. na Historia da Arte (pintura, gravado, escultura...)

-Destacar os aspectos máis relevantes, pero despois se queredes podedes centrarvos en algún punto que vos interese en especial. 


-Como conclusión é importante que contedes a propia experiencia, como vivíchedes a pandemia, cal é a vosa visión desta realidade confinada, aportande o que consideredes.

-Non esquezades indicar as fontes de información consultadas.

-Presentación do traballo resultante cos contidos elaborados no soporte que cadaquén prefira cos medios e recursos dos que se dispoña: en papel, cartolina, texto de Word, presentación en Power Point, imaxes fotográficas, debuxos, planos, mapas, vídeo, etc.


-De ser posible se podería facer o traballo en grupo se alguén o ve oportuno; só no caso de poder realizar con comodidade a conexión entre vós dentro das normas de confinamento.

-Pola nosa parte, como docentes, guiaremos e seguiremos o descorrer do voso traballo unha vez deseñadas estas propostas a realizar cunha metodoloxía activa.

-Neste blog haberá unha serie de entradas ou post diferentes con recursos relacionados cos diferentes aspectos da pandemia a investigar, que iremos

engadindo e actualizando ao longo deste tempo.

                                       Pintura de Pieter Brueghel, el Viejo. El triunfo de la muerte.1562.


RECURSOS E DOCUMENTOS PARA TRABALLAR SOBRE AS PANDEMIAS, EPIDEMIAS, CATÁSTROFES...  AO LONGO DA HISTORIA: CAUSAS E CONSECUENCIAS E LOCALIZACIÓN.


-Cronoloxía das pandemias. Wikipedia. (Serve de guión para saber que pandemias houbo ao longo da Historia da Humanidade):

-As pandemias máis letais da historia. Artigo de prensa.
-https://www.infobae.com/america/mundo/2020/03/18/de-la-peste-negra-al-coronavirus-cuales-fueron-las-pandemias-mas-letales-de-la-historia/?fbclid=IwAR2phGVVFqDyVTa94_c8hPsvwIeg74iO0WQ4TgGMsr8xZFpWIzacHYF4X8s

-A pegada das epidemias na historia. (Xornal da USC. Universidade de Santiago).
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/pegada-epidemias-historia

-As primeiras epidemias da Historia. www.portaldehistoria.com
http://www.sld.cu/galerias/pdf/sitios/bmn/las_primeras_epidemias_de_la_historia.pdf

-Grandes pandemias de la Historia. Revista:Historia National Geographic.
https://historia.nationalgeographic.com.es/a/grandes-pandemias-historia_15178/1

-Epidemias de la historia: Lo que consiguió el miedo. Vicente Pérez Moreda.Historiador experto en epidemioloxía histórica. (Artigo prensa: larazon.es)
https://www.larazon.es/coronavirus/20200414/sf25ga3y4zgnvcs5cdkjlvmpci.html?fbclid=IwAR3c3EOsSvm6pEBFya4cxeR_Yb9ots-Czdw7nPrJipjYl3kUyB3dHjSjEcM

-Mapas elaborados pola ilustradora Serena Malyon en 2012. (Blog: son mapas creativos actuáis, pero imitando os antigos).
https://smalyon.wordpress.com/2012/02/10/black-death/

                                              Ilustración da Peste Negra (s. XIII ou XIV, Bélxica).


                           Xudeus queimados vivos acusados de ser causantes da Peste Negra medieval do s.XIV.

-A plaga de Atenas no s.V a.c. Wikipedia.
https://es.wikipedia.org/wiki/Plaga_de_Atenas

-A peste antonina. s. II d.c. Wikipedia. (Os Antoninos eran os emperadores pertences á dinastía Antonina que tiña o poder nese momento en Roma)
https://es.wikipedia.org/wiki/Peste_antonina

-A plaga de Xustiniano no Imperio Bizantino. s. VI d.c. Wikipedia.
https://es.wikipedia.org/wiki/Plaga_de_Justiniano

-Escenas de una pandemia de hace 1500 años que se repiten. (Imperio Bizantino .S.VI) (Artigo prensa: elpais.com).
https://elpais.com/cultura/2020-04-10/escenas-de-una-pandemia-de-hace-1500-anos-que-se-repiten-hoy.html

-La peste negra: antecedentes, desarrollo y repercusión. (sobrehsitoria.com).
https://sobrehistoria.com/la-peste-negra-de-1348/

-Peste Negra, así se propagó la mortífera epidemia. (Revista: Muy Interesante. Ciencia).
https://www.muyinteresante.es/salud/articulo/peste-negra-asi-se-propago-la-mortifera-epidemia-271558602992

-La peste negra: 1347-1350. blog: (senderosdalahistoria)
https://senderosdelahistoria.wordpress.com/2010/04/03/la-peste-negra-1347-1350/

-La primera ciudad de la historia en declarar una cuarentena, 1377, en Ragusa (hoy Dubrovnik, Croacia). (Prensa: elespañol.com).
https://www.elespanol.com/cultura/historia/20200313/primera-ciudad-historia-declaro-cuarentena-controlo-peste/474204053_0.html

-La cuarentena, la respuesta clásica contra las epidemias que perfeccionó la peste negra. (elagoradiario.com)
https://www.elagoradiario.com/coronavirus/epidemias-historicas/cuarentena-el-instrumento-clasico-contras-las-epidemias-que-perfecciono-la-peste-negra/

-El enigma de la peste y otras grandes plagas en Sevilla. (Prensa: elcorreoweb.es).
https://elcorreoweb.es/extra/el-enigma-de-la-peste-y-otras-grandes-plagas-en-sevilla-IG3778596

-La gripe de 1918. La mayor pandemia de la historia contemporánea. Boletín oficial de la provincia de Burgos

-Las fotos de 1918 la gripe española que parecen hechas hoy mismo con el caos del cotonavirus. (Prensa El Español)
https://www.elespanol.com/sociedad/20200327/fotos-gripe-espanola-parecen-hechas-mismo-coronavirus/477952570_0.html

-Que pandemias ao longo da Historia puxeron en xaque á humanidade? Prensa:france24.com
https://www.france24.com/es/20200324-historia-pandemias-supervivencia-humanos

-SIDA: a orixe da pandemia. Revista:www.lemiaunoir,com
https://lemiaunoir.com/sida-origen-la-pandemia/

-Historia del VIH-SIDA. www.todosida.org
http://www.todosida.org/historia-vih-sida

-Coronavirus: cómo es Wuhan la ciudad china donde se originó. (Prensa: www.bbc.com)
https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-51206219

-Fallece con coronavirus Rafael Gómez, único superviviente de "La Nueve", la compañía de españoles que liberó París de los nazis. (prensa: eldiario.es).
https://www.eldiario.es/sociedad/Fallece-Rafael-Gomez-Nieto-Paris_0_1011749828.html

-COVID-19. Visualizer
https://www.covidvisualizer.com/

                    Protesta contra produtos modificados xeneticamente. (foto: pacific-press-getty images-la vanguardia)

-ECOHISTORIA (III). La agroecología en tiempos del Covid.19.

-Confinados bajo el plástico. Migrantes e coronavirus. Prensa: El Salto.

-Portugal tratará a los extranjeros como residentes durante la crisis del coronavirus. Prensa.

-Debido ao colapso sanitario non dan prioridade ás maiores de 80 anos. Italia. Nota de prensa.

-La distopía nuestra de cada día. David Trueba. Prensa: Artigo de opinión. El País.

-El coronavirus como síntoma. Javier Gallego. Radio-prensa: Carne Cruda. (opinión crítica con la xenofóbia ...)

-Un virus recorre Europa, y no es el coronavirus. Javier Gallego. Radio-prensa: Carne Cruda. Artigo de opinión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario