09/06/22

ACTIVIDADES DE REFORZO, RECUPERACIÓN E AMPLIACIÓN PARA A AVALIACIÓN ORDINARIA DE XUÑO. 3º ESO. CULTURA CLÁSICA.


TRABALLO DE RECUPERACIÓN: haberá un exame para o alumnado que suspendera todo ou algunha das avaliacións:

- Facer un mapa da Antiga Grecia e outro da Antiga Roma destacando os lugares máis importantes, mares e puntos cardinais.

- Facer as liñas do tempo da Antiga Grecia e da Antiga Roma.

- Estudar o tema 1: As linguas e a súa orixe clásica.

- Guiándote polos recursos colgados neste blog, estuda a Mitoloxía.

- Comparar a Democracia ateniense e a Democracia actual. Faino en 2 columnas.

- A República romana.

- Fai a pirámide da sociedade romana.

- Selección de conceptos para definir: mitoloxía, mito, antropomórfico, politeísmo, holocausto, hecatombe, festas dionisíacas. festas Lupercais, festas saturnais, paterfamilias, barca de Caronte, mausoleo, matrimonio, gineceo, sesta, toga, triclinio, termas, polis, acrópole, senado, magistrados, patricios, plebeos, cursus honorum.


- TRABALLO DE AMPLIACIÓN: para aquel alumnado que está aprobado:

- Ten que realizar un traballo de investigación ao redor do relato dalgún deus ou personaxe da mitoloxía grega ou romana. Pode facerse de xeito individual ou por parellas, procurando que non se repitan os deuses/as elixidos.


ACTIVIDADES DE REFORZO, RECUPERACIÓN E AMPLIACIÓN PARA A AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DE XUÑO. 3º ESO.


-TRABALLO DE RECUPERACIÓN: para o alumnado que teña que recuperar todo ou algunha avaliación suspensa.

1- Situarse no espazo e no tempo:

-Estudar os mapas físicos e políticos. Facer itinerarios de viaxes inventadas sobre eles. Todoa os continentes, pero sobre todo os de Galicia, España e Europa. 

-Facer no caderno a liña do tempo da Historia Moderna. Tamén a de España na Idade Moderna: Reis Católicos, descubrimento de América, reinado dos Austrias, facendo constar os feitos máis relevantes. (Recomendable colorealas para que sexan máis clars.)

2- Facer a pirámide da sociedade da Idade Moderna en Europa.

3- Características da Arte  Renacentista e da Arte Barroca: facelo en 2 columnas  para comparalas. Incluír os séculos en que se dan.

4- Repasar os mapas históricos: descubrimento de América (páx. 35, 36, 39), división relixiosa en Europa (páx. 51), o Imperio de Carlos V (páx. 57), Epaña no s. XVII (páx. 79).

5- Causas e consecuencias do Descubrimento de América.

6- Fai o esquema dos territorios herdados por Carlos I de España e V de Alemaña, e que territorios deixou el en herdanza.

7- Estudar o tema 5 de Xeografía: Actividades económicas.

8- Fago unha selección dos conceptos a definir: Idade Moderna, Humanismo, Renacemento, sistema doméstico, capitalismo comercial, burguesía, Estado Moderno ou Monarquía Autoritaria, antropocentrismo, Leonardo  da Vinci, Miguel Ángel, Jan van Eyck, El Bosco, Alberto Durero, Reis Católicos, Honrado Concejo de la Mesta, Capitulacións de Santa Fe, Tratado de Tordesillas, Cristóbal Colón, Fernando de Magalhâes, Juan Sebastián Elcano, Frei Bartolomé de las Casas, Vicerreinados, crioulos, Reforma protestante, Martín Lutero, Xoán Calvino, Henrique VIII, Contrarreforma, valido, Monarquía absoluta, Parlamentarismo inglés, Guerra de Sucesión española, Século de Ouro. 


-TRABALLO DE AMPLIACIÓN: aquel alumnado que está aprobado ten que facer un pequeno traballo de investigación individual ou por parellas. 

- Propoño temas que teñen que ver coas actividades económicas de Galicia ou de Vigo. Elixide un tema, a ser posible que non se repita:

Inditex - Citroen en Vigo - Pescanova en Vigo - Fábrica de conservas de Massó en Cangas - Fábrica de Louza Álvarez en Vigo - Asteleiros de Vigo - antigas salazóns. 

- Pode elixirse tamen algún artista da Arte Renacentista ou Barroca para saber máis del e da súa obra. 

Sería interesante centrarse na obra de mulleres artistas desas épocas, que foron relegadas pola historia como: Sofonisba Anguissola, Artemisia Gentileschi, Lavinia Fontana, Clara Peeters, Judith Leyster...