19/04/20

PROGRAMA DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. TELETRABALLO. 20 ABRIL 2020.

        Despois das vacacións de Semana Santa, comeza o 3º trimestre, pero este curso temos esta circunstancia tan extraordinaria de estar a vivir a pandemia Covid-19 que nos obriga a seguir respectando o confinamento establecido e facer traballo telemático.
Seguindo as instruccións da Consellería de Educación para estes meses, de abril a xuño, podemos ocuparnos en reforzar e repasar contidos anteriores xa vistos, e tamén introducir, na medida do posible, contidos que se corresponden con temas novos, atendendo a procedementos básicos e comprensibles, que en certos aspectos van estar presentes ou vinculados ao estudo da realidade da Pandemia COVID-19, que vos propoñemos no Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. 


>>O ALUMNADO COA 2ª AVALACIÓN SUSPENSA, QUE NON ENTREGOU AS TAREFAS PROPOSTAS O 16 DE MARZO, TERÁ QUE FACELAS, E O ALUMNADO QUE AS ENTREGOU TERÁ QUE REPASAR. NOS DOUS CASOS SERVIRÁ COMO RECUPERACIÓN.

>>O NOVO  TRABALLO QUE FAGADES AGORA NESTES MESES VALORARASE PARA SUMAR Á NOTA FINAL DE XUÑO.

>>SE VOS XURDE CALQUERA TIPO DE DÚBIDA, AQUÍ ESTOU PARA RESOLVELAS.     

>>TEDES NO BLOG ENTRADAS RELACIONADAS CON CADA TEMA, COMO XA SABEDES.


                                                                                                                                                
>>PLAN DE TRABALLO POR NIVÉIS:

>1º ESO: -A-B-C-D. XEOGRAFÍA: Mapas, Tema 1: O planeta Terra, Tema 2: O relevo.

1-Localización: (entrega ata 8 maio)

-Facer os mapas físicos e políticos de América e Oceanía e repasar os mapas de todos os
continentes xa feitos. Lembrade que nos mapas políticos deben constar os países e as súas capitais, e en todos eles os océanos e mares. Os mapas mudos podedes descargalos no blog en https://d-maps.com/index.php?lang=es

-Para facilitar o estudo dos mapas e soñar un pouco, facer itinerarios sobre os mapas de posibles viaxes imaxinarias por terra e mar que vos gustaría realizar, unindo cunha liña os lugares polos que pasarías se quixeras viaxar de... Cuba a Hong Kong, por exemplo.

-Aprender cada continente e despois poñer todos os mapas dos continentes xuntos sobre a mesa a modo de mapa mundi, e estudalos de xeito que saibades onde está cada mar e océano entre eles, e fixedes mellor os lugares por continente.  Primeiro cos mapas políticos e despois cos físicos.

-Pensade que este estudo de localización é necesario e importante, pois día a día estase a falar dos lugares onde ocorren calquera tipo de feitos que son noticia, e se queremos saber e comprender a pandemia, compre coñecer onde ocorren os acontecementos.

2-O relevo terrestre: (entrega ata 30 maio)

-Recomendo ler comprensivamente os temas 1 e 2 do libro e facer resumos, ata onde sexades capaces de entender. Pensade que hai contidos que xa son coñecidos para vós sobre o planeta terra.
-Tema 1: O planeta terra e a súa representación. Facer as actividades 3, 4, 6, da páx. 22.


-Tema 2: O relevo terrestre. Estuda as unidades de relevo terrestre: continental, costeiro e mariño, guiándote polo libro de Xeografía. Fai no caderno uns debuxos con cores semellantes aos das páxinas 35, 36, 37. Define cada un deses conceptos procurando comprender o que son.

<<(O tema 4: Tempo e clima, sería o que nos quedaría por ver para o curso que vén, porque nesta situación é dificil).

3-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo este traballo de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s. XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html


                                                      Mapa de Galicia de Mercator. 1613

>2º ESO-C. XEOGRAFÍA: Tema 7: O estudo físico de España e Galicia. Tema 8:  A poboación.

1-Localización: (entrega ata 8 maio)

-Facer os mapas políticos de América e Oceanía e repasar os mapas de todos os continentes xa feitos. Lembrade que nos mapas políticos deben constar os países e as súas capitais, e en todos eles os océanos e mares. Os mapas mudos podedes descargalos no blog en https://d-maps.com/index.php?lang=es

-Para facilitar o estudo dos mapas e soñar un pouco, facer itinerarios sobre os mapas de posibles viaxes imaxinarias por terra e mar que vos gustaría realizar, unindo cunha liña os lugares polos que pasarías se quixeras viaxar de... Vigo a Istambul, por exemplo.

-Aprender cada continente e despois poñer todos os mapas dos continentes xuntos sobre a mesa a modo de mapa mundi, e estudalos de xeito que saibades onde está cada mar e océano entre eles, e fixedes mellor os lugares por continente. 

-Este curso toca estudar o Relevo da Península Ibérica, por conseguinte é necesario facer e ter moi claros os mapa físicos de España e Galicia.
-Pensade que este estudo de localización é necesario e importante, pois día a día estase a falar dos lugares onde ocorren calquera tipo de feitos que son noticia, e se queremos saber e comprender a pandemia, compre coñecer onde ocorren os acontecementos.

2-Tema 7. O estudo físico de España e Galicia(entrega ata 22 maio)

Recomendo facer o estudo e resumos.  Facer a actividade 15 da páxina 202 porque facilita o estudo, xa que é un esquema do esencial do tema. Os mapas físicos de España e Galicia xa teñen que estar feitos.

3-Tema 8:  A poboación. (entrega ata 30 maio)

-Podemos abordalo no esencial, definindo os conceptos básicos que son fáciles de comprender: demografía, natalidade, mortalidade, mortalidade infantil, taxa de fertilidade, crecemento natural ou vexetativo, crecemento real, esperanza de vida, envellecemento, migracións, emigración, inmigración, saldo migratorio, densidade de poboación, baleiro demográfico. Facer a activiade 23 da páxina 230, porque serve de esquema xeral.

4-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo este traballo de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s. XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html



>1º BACHARELATO-B: Tema 10: A segunda guerra mundial. Tema 11: Guerra fría. Tema 13: Democracias populares e países non aliñados.

1-Dando por suposto que xa estudáchedes o tema 9: Democracias e Fascismos, propoño que estes meses, aínda confinados, vos acheguedes ao estudo dos tres temas que corresponde traballar este trimestre: temas 10, 11, 13. Para simplificar podedes estudar os resumos, (que están colgados na páxina web ies beade, no Departamento de Xeografía e Historia). Son temas que forman parte da historia máis cercana do s. XX e que sabemos que vos interesa coñecer. 

>>Os prazos para o estudo de cada tema son: 8 maio, 22 maio, 30 maio.

Textos a comentar: fago este selección da que podedes elixir un texto por tema.
-páx. 266, texto 23. Mussolini e a súa importancia histórica. (Tema 9)
-páx. 295, texto 18. Xustificación norteamericana sobre a bomba atómica. (Tema 10)
-páx. 301, texto 27. Os campos de concentración nazis. (Tema 10)
-páx. 304. texto 30. Acordo de Ialta. // texto 31. Principios políticos aplicados a Alemaña. (Tema 10)
-páx. 312, texto 1. Un pano de aceiro divide o mundo. (Tema 11)
-páx. 340, texto 23. A unificación alemá. (Tema 11)
-páx. 388, texto 20. Neocolonialismo. (Tema 13)
-páx. 389, texto 21. Os 10 principios de Bandung. (Tema 13)

2-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo este traballo de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s. XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html



Ningún comentario:

Publicar un comentario