03/12/23

CLUB DE CINEMA E HISTORIA CONTEMPORÁNEA. LINGUAXE AUDIOVISUAL.

 

Charlot. Personaxe creado por Charles Chaplin

-A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA -

 O CINEMA nace a finais do século XIX (1895 irmáns Lumière) e significa unha novidade a engadir á historia soioeconómica do s. XX. Un filme non é nin máis nin menos que unha sucesión de imaxes fotográficas en movemento (fotogramas proxectados a 24 imaxes por segundo) a traves das que se consigue representar unha realidade para contar unha historia real ou de ficción. O cinema sonoro nace a partir de 1927 (O cantor de jazz) e o cinema en cor aparece a mediados dos anos 30.

 - ESPAZO - Os fragmentos reunidos constitúen unha acción unitaria.

 - TEMPO - É un tempo variable, diferente ao real, que se pode acelerar ou inverter.

- Flash back: salto atrás no tempo (época anterior, recordos…). Analepsis en literatura.

- Elipse: supresión dos elementos tanto narrativos como descritivos dunha historia, de xeito que a pesares de estar suprimidos danse os datos suficientes para poder supoñelos como sucedidos ou existentes. 

- Flash forwd: saltos ao futuro. Prolepsis en literatura. 

 - Recursos para representar o pasado: viraxe de cor, ou de cor a branco e negro, dobres pantallas,         sobreimpresións…

 - Recursos para representar o paso do tempo: reloxo, follas dun calendario caendo, unha vela ou un cigarro consumíndose, cambios de luz, de estacións…


 - MOVEMENTO - 

 - Cámara inmóbil: a principios do cinema. (Móvense os actores dentro do encadre)

 - Montaxe: diversas tomas ou ángulos montados creando acción. 

 - Cámara móbil: - Rotación:

- Panorámica horizontal: (dereita-esquerda ou ao revés) 

 - Panorámica vertical: (ascendente-descendente)

 - Panorámica oblícua: combina as dúas anteriores.

 - Panorámica circular: en ángulo de 360 graos.

 - Barrido: a gran velocidade difuminando a imaxe. - Movemento de balanceo.

 - Traslación:- Travelling:

       - Físico: desprazando a cámara.

       - Óptico: por medio do "Zoom". 

 - Guindastre: toda clase de combinación de movementos.

 - Cámara lenta, cámara rápida, marcha atrás das figuras, imaxe parada… 

  - RITMO -

 - Analítico: planos cortos moi numerosos, ritmo rápido, dinamismo, dramatismo…

 - Sintético: planos largos e pouco numerosos, ritmo lento, monotonía, sensualidade… 

 - "in crescendo": planos cada vez máis breves (tensión, dramatismo) planos cada vez máis longos (relaxación, serenidade)


 - ELEMENTOS DA IMAXE:

 - A ESCALA: 

- Plano: conxunto de imaxes que constitúen unha mesma toma. 

A Planificación é a relación de distancia e tamaño entre a cámara e o motivo. Se tomamos a figura humana como medida, segundo ocupe unha maior ou menor escala na pantalla, o plano chámase: 

- Gran plano xeral: mostra unha grande multitude ou gran escenario. A persoa non está ou está lonxana. Valor descritivo.

 - Plano xeral: mostra un escenario amplo coa persoa incorporada que ocupa unha 1/3 e unha 1/4 parte do encadre. Valor descritivo. 

- Plano de conxunto: mostra un pequeño grupo de persoas ou un ambiente determinado. Interesa a acción e a situación dos personaxes. Valor descritivo, narrativo e dramático.

 - Plano figura: os límites superior e inferior do cadro casi coinciden coa cabeza e cos pes da figura humana. Valor narrativo, pero tamén expresivo ou dramático. 

- Plano americano (ou 3/4): os límites superior e inferior da pantalla coinciden coa cabeza e os xeonllos da persoa. Valor narrativo e dramático. 

- Plano medio: figura cortada pola cintura ata a cabeza. 

 - plano medio corto (o busto) 

 - plano medio largo (da pantorrilla para arriba) 

- Primeiro plano: rostro enteiro da persoa. Valor expresivo, psicolóxico e dramático. 

- Primeirísimo plano: mostra unha parte do rostro ou do corpo.

 - Plano detalle: mostra un obxecto ou parte dun obxecto.

- A PROFUNDIDADE DE CAMPO: 

é o espazo entre o primeiro termo e o último que se enfocan nun mesmo encadre. 

- Obxectivos

      - Grande angular: ten unha gran profundidade de campo e saca os fondos enfocados. 

      - Teleobxectivo: ten pouca profundidade de campo e saca os fondos desenfocados. 

- A ESCENA: consta dunha serie de planos que forman parte dunha mesma acción ou tamén é o ambiente dentro dun espazo e dun tempo concretos.

- A SECUENCIA: é unha serie de escenas que forman parte dunha mesma unidade narrativa. 

- O PLANO-SECUENCIA: é un plano de moita duración que forma unha secuen- cia nun só plano, nunha única toma e conserva as unidades espaciais e temporais. 

- OS ÁNGULOS: a angulación é a diferenza que hai entre o nivel da toma e o motivo que se filma: 

 - Normal: o nivel da toma coincide co centro xeométrico do obxectivo ou coa mirada da figura. A cámara está situada á altura dos ollos dos personaxes. 

 - Picado: cámara inclinada cara ó chan. Expresa inferioridade, humillación, fatalidade, ruína, pesadez. Pode chegar a ser -> "a vista de paxaro" 

 - Contrapicado: cámara inclinada cara arriba. Alarga os personaxes, visión deformada, exalta e expresa superioridade, triunfo. Pode chegar a ser -> "a vista de verme". 

 - Inclinado: cámara inclinada.

 - Ángulo imposible: efectos, trucaxes,(exe: Toma dende dentro dunha neveira) 

 - Ángulo subxectivo: o visor da cámara identifícase co punto de vista dun personaxe.

 - Perspectiva favorable: exemplo: posición de 3/4 do rostro humano.

 - A LUZ: pode ser natural, artificial, difusa (non produce sombras), directa (produce sombras duras).

 - O SON: A banda sonora dun filme está composta de 4 tipos de sons: 

     - A palabra: directa ou voz en off (discurso en 3ª persoa e sen presenza do narrador na imaxe). 

    - A música: ou "leit- motiv" é a repetición dun mesmo tema musical sempre que aparece un mesmo personaxe). 

    - Os ruídos

    - O silencio: pausa, uso dramático. 

- A COMPOSICIÓN DA IMAXE: 

 - O encadre: é o espazo delimitado polo rectángulo que se interpón entre o ollo humano e os obxectos ou personaxes que queren ser captados pola cámara 

 - A composición: dentro do encadre é o equilibrio de liñas, superficies, volumes e espazo entorno ao centro de atención. (As liñas verticais e horizontais son estáticas, as diagonais implican movemento…)


 - A ESTRUCTURA NARRATIVA DUN FILME .

 O paso dun conxunto de encadres a outro debe marcar a acción fílmica fluída.

 - O arranque: é preciso que conteña tensión emotiva, dinamismo, que capte a atención. Debe presentar o conflito, os personaxes que interveñen, os seus problemas, e o que será o núcleo de atención de todo o desenvolvemento argumental. 

- O desenvolvemento: ten que conter calidade emotiva, diversas liñas de forza converxentes e unidade narrativa.

 - A culminación e o desenlace: o "climax" é o momento culminante da narración e o desenlace é a consecuencia lóxica de todo o anterior.

 - A MONTAXE. 

 É a ordenación narrativa e rítmica dos elementos obxectivos do relato. É o proceso de escoller, ordenar e empalmar todos os planos rodados segundo unha idea previa e un ritmo determinado. 

>> Como se fai a separación ou unión dos planos e secuencias dun filme?: 

- por corte. 

- Por fundido en negro: (a escena oscurécese ata non ver nada) o contrario é a apertura en negro (ou branco ou cor). 

- Por encadeado: unha nova escena vai aparecendo por riba dunha antiga que se vai fundindo por superposición. 

- Por cortina: a progresión dunha imaxe na pantalla fai desaparecer, por desprazamento, a imaxe anterior.


                                                 Françoise Truffaut. Os 400 golpes. 1959


PRESENTACIÓNS:

-A linguaxe cinematográfica (34)

https://es.slideshare.net/mmuntane/lenguaje-cinematogrfico-8438988

-A linguaxe cinematográfica (25)

https://es.slideshare.net/jagduran7/lenguaje-cinematogrfico-45957457

-Cine e narración. Introducción á linguaxe cinematográfica

https://cineynarracion.wordpress.com/lenguajecinematografico/


                                                  Georges Méliès . Viaxe á lúa. 1902



15/06/23

CONTIDOS DESTACADOS PARA A PROBA ORDINARIA DE XUÑO. 4º ESO.


                                                            1ª Revolución Industrial

Vai a relación de conceptos máis destacados e os temas preferentes para favorecer o voso tempo de estudo.


>1ª AVALIACIÓN- TEMAS 1, 2.

-Conceptos:

Antigo Réxime, Revolución industrial, Domestic system,  factory system, éxodo rural, foros, fidalguía, Ilustración, Absolutismo monárquico, Liberalismo, Despotismo ilustrado, Montesquieu, Rousseau, Adam Smith, capitalismo, Sociedade de clases, burguesía, proletariado, feminismo. 

-Temas:

-1ª Revolución industrial.
 -Causas e consecuencias da Revolución francesa.
- Independencia de EEUU.
- Guerra de Sucesión española.

-Liña do tempo das etapas do s. XVIII en España.


                                    Liberdade guiando ao pobo. 1820. Eugene Delacroix


>2ª AVALIACIÓN- TEMAS 2, 3.

-Conceptos:

Restauración absolutista, Marxismo, Anarquismo, Nacionalismo, sufraxista, Movemento obreiro, Imperialismo, Estado burgués, colonialismo, Revolucións liberais,  Trienio liberal español, desamortización en España, Fernando VII, Sabela II, carlismo, Constitución de 1812, Primeira República española, Garibaldi, Bismarck, Romanticismo, Realismo, feminismo. 

-Temas:

- 1804- 1815: O Imperio napoleónico.
- A revolución española de 1868.
- Causas de independencia da América española.
- Unificación italiana, Unificación alemá.

- Liña do tempo das etapas do s. XIX en España.


Desembarco de Normandía, 1944. Fotografía: Robert Capa.
           

    >3ª AVALIACIÓN - TEMAS 4, 5.

-Conceptos:

Impresionismo, Postimpresionismo, Caciques, Agrarismo, Tratado de Versalles, Guerra de posicións, bolxeviques, tsarismo, soviets, Lenin, Stalin, Trotski, Crac ou crise de 1929, Gran Depresión, New Deal, Keynes, proteccionismo, Felices anos vinte, Autarquía, Ditadura, Totalitarismo, Fascismo, Nazismo, Marcha sobre Roma, Puch de Munich, Mein Kampf, SA, SS, Xestapo, Solución final, Guerra civil española, Franco, Mussolini, Hitler, Führer, Potencias do Eixe, Aliados, Guerra Lóstrego, Desembarco de Normandía, Eisenhower, Campo de concentración, Campo de exterminio, Wiston Churchill, Truman, Conferencia de Ialta, Conferencia de Potsdam, ONU, Guerra Fría, feminismo.

-Temas:

- Expansión colonial e imperialismo. O reparto de África.
- A Revolución bolxevique.
- Causas e consecuencias da Iª Guerra Mundial.
- Causas e consecuencias da Crise de 1929.
- Características comúns dos sistemas fascistas.
- Factores que facilitaron a expansión do fascismo.
- Causas e consecuencias da II Guerra Mundial.

-Liña do tempo das etapas do s. XX en España.

14/06/23

ARTE DO SÉCULO XX E XXI

 

                                    Edvard Munch. O grito. 1893. Inicios do expresionismo.

                    Las señoritas de Avinyó (Avignon). Pablo Picasso. 1906-1907  Inicio do cubismo.


                 Umberto Boccioni. Formas únicas de continuidade no espazo. 1913. Futurismo.


-Presentación As vangardas artísticas do s. XX. (40)

https://es.slideshare.net/sophiehernandez94617/vanguardias-siglo-xx

-Presentación: As vangardas. Pintura entre 1910-1930. (16)

https://es.slideshare.net/fdezmarcolain/vanguardias-principios-del-siglo-xx-3860761

-Presentación: Vangardas artísticas do s. XX. (15)

https://es.slideshare.net/jessicamoposita5/vanguardias-artsticas-del-siglo-xx

-Presentación. Arte del s. XX. (64)

https://es.slideshare.net/Cris1994/arte-del-siglo-xx-4225276

-Presentación. Vangardas. (15)

https://es.slideshare.net/Campcris/vanguardias-22157784


23/02/23

ARTE S. XIX: ROMANTICISMO, REALISMO, MODERNISMO, IMPRESIONISMO E POSTIMPRESIONISMO.


A liberdade guiando ao pobo. 1830. Eugène Delacroix. Romanticismo

* -Arte do s. XIX. Romanticismo, Realismo e Modernismo. (25)

https://es.slideshare.net/fenris540/arte-siglo-xix-romanticismo-realismo-y-modernismo


                                        Os picapedreiros. 1849. Gustave Courbet. Realismo



- Impresionismo e Postimpresionismo. (25)


                                                               IMPRESIONISMO
                                         Claude Monet. Campo de mapoulas. 1873


Alfred Sisley. Paisaxe nevado.

                                                          POSTIMPRESIONISMO
                                               Paul Gauguin. Visión tras o sermón. 1888


                                                                           Van Gogh.

                                                        Van Gogh. Noite estrelada. 1889

                            

08/01/23

HISTORIA CONTEMPORÁNEA DE ESPAÑA. S. XVIII, XIX, XX, XXI


                          La familia de Carlos IV. 1800. Francisco de Goya, pintor de Corte. 


                 Los fusilamientos del 3 de mayo en la Moncloa. 1813-14. Francisco de Goya

*-Presentación esquema Hª de España. s.XIX.

http://www.profehistoria.blog/uploads/1/2/9/6/129645435/crisis_monarqui%CC%81a_borbo%CC%81nica.pdf

-*Presentación esquema. A España do s. XIX. A construción dun réxime liberal. (33)

https://es.slideshare.net/TICjuanelo/04-la-espaa-del-siglo-xix-la-construccin-de-un-rgimen-liberal

 *-Vídeo. Crise do Antigo Réxime en España (principios s. XIX). (30,58). nivel

https://www.youtube.com/watch?v=wgEl_k-CSZ4

*-A guerra de Independencia. (ilustrado. 6,58,)

https://www.youtube.com/watch?v=bAWQZewONTI&list=RDLVwgEl_k-CSZ4&start_radio=1&rv=wgEl_k-CSZ4

-Presentación Historia España s. XVIII. (26). (profesorfrancisco).

https://www.profesorfrancisco.es/2020/11/diapositivas-siglo-xviii.html

*-Crise do Antigo Réxime en España: Carlos IV e a Guerra de Independencia. (profesorfrancisco).

https://www.profesorfrancisco.es/2009/11/crisis-del-antiguo-regimen-en-espana.html

*-Presentación Historia España s. XIX. Crise do Antigo Réxime, 1808-1833 (27)

https://es.slideshare.net/ricardochaoprieto/tema-10-la-crisis-del-antiguo-rgimen-18081833

-*Esquema guión Guerra da Independencia española. 1808-18014

https://gestindelamemoria-felix.blogspot.com/2021/02/esquema-guion-la-crisis-de-1808-y-la.html

*-Esquema guión revolución liberal, Cortes e Constitución de Cádiz 1812.

https://gestindelamemoria-felix.blogspot.com/2021/02/revolucion-liberal-cortes-y.html

*-Esquema guión reinado de Fernando VII.

https://gestindelamemoria-felix.blogspot.com/2021/02/esquema-guion-el-reinado-de-fernando.html

                                    Autorretrato. Francisco de Goya

GOYA

-Presentación . Goya, obra y contexto. (3).

https://es.slideshare.net/Paulinita10/goyaobra-y-contexto

-Presentación. Goya e a súa obra. (65)

https://es.slideshare.net/Mariasguirao/goya-etapas-de-su-evolucin-histrica

                                                            Duelo a garrotazos. Goya


                                                   Saturno devorando a su hijo. Goya.


09/06/22

ACTIVIDADES DE REFORZO, RECUPERACIÓN E AMPLIACIÓN PARA A AVALIACIÓN ORDINARIA DE XUÑO. 3º ESO. CULTURA CLÁSICA.


TRABALLO DE RECUPERACIÓN: haberá un exame para o alumnado que suspendera todo ou algunha das avaliacións:

- Facer un mapa da Antiga Grecia e outro da Antiga Roma destacando os lugares máis importantes, mares e puntos cardinais.

- Facer as liñas do tempo da Antiga Grecia e da Antiga Roma.

- Estudar o tema 1: As linguas e a súa orixe clásica.

- Guiándote polos recursos colgados neste blog, estuda a Mitoloxía.

- Comparar a Democracia ateniense e a Democracia actual. Faino en 2 columnas.

- A República romana.

- Fai a pirámide da sociedade romana.

- Selección de conceptos para definir: mitoloxía, mito, antropomórfico, politeísmo, holocausto, hecatombe, festas dionisíacas. festas Lupercais, festas saturnais, paterfamilias, barca de Caronte, mausoleo, matrimonio, gineceo, sesta, toga, triclinio, termas, polis, acrópole, senado, magistrados, patricios, plebeos, cursus honorum.


- TRABALLO DE AMPLIACIÓN: para aquel alumnado que está aprobado:

- Ten que realizar un traballo de investigación ao redor do relato dalgún deus ou personaxe da mitoloxía grega ou romana. Pode facerse de xeito individual ou por parellas, procurando que non se repitan os deuses/as elixidos.