30/06/21

CULTURA CLÁSICA 3º ESO.ORIENTACIÓNS PARA A PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

De cara a facilitar o estudo da Cultura Clásica para a proba de setembro, fago unhas orientacións para destacar o esencial, pero iso non quere dicir que non haxa que estudar os temas vistos ao longo do curso: Temas 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 8 nos aspectos máis importantes, que deben ser resumidos e feitos oso esquemas de cada tema.


Orientacións:

-Definición dos conceptos destacados de cada tema.

-Liñas do tempo das etapas históricas de Grecia e Roma antigas.

-Localizar nos mapas de Grecia e do Imperio romano os lugares máis importantes.

-Ter clara a importancia do latín na evolución das linguas románces ou románicas e como ata hoxe chega o uso de latinismos, vulgarismos ou palabras patrimoniais e cultismos.

-Saber os nomes gregos e romanos dos deuses principais e os seus atributos e que significa o concepto mito e mitoloxía. Ademais de coñecer os heroes e seres fabulosos dos relatos mitolóxicos que estudamos no curso.

-Relacionar cerimonias ou festas paganas coas que perviven hoxe ne día trasnformadas polo cristianismo

-Coñecer as formas de organización política: goberno aristocrático ou oligarquía, ditadura, democracia, república, imperio...

-Comparar a democracia ateniense coa democracia actual.

-Facer a pirámide da sociedade grega e da romana distinguindo os grupos sociais.

-Papel do home nestas sociedades (paterfamilias) e o papel da muller en Grecia e Roma.

-Características básicas da arte grega e romana.