Seguindo as instruccións da
Consellería de Educación para estes meses, de abril a xuño, podemos ocuparnos
en reforzar e repasar contidos anteriores xa vistos, e tamén introducir, na
medida do posible, contidos que se corresponden con temas novos, atendendo a
procedementos básicos e comprensibles, que en certos aspectos van estar
presentes ou vinculados ao estudo da realidade da Pandemia COVID-19, que vos
propoñemos no Proxecto
Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado.
>>O ALUMNADO COA 2ª AVALACIÓN SUSPENSA,
QUE NON ENTREGOU AS TAREFAS PROPOSTAS O 16 DE MARZO, TERÁ QUE FACELAS, E O
ALUMNADO QUE AS ENTREGOU TERÁ QUE REPASAR. NOS DOUS CASOS SERVIRÁ COMO
RECUPERACIÓN.
>>O NOVO
TRABALLO QUE FAGADES AGORA NESTES MESES VALORARASE PARA SUMAR Á NOTA
FINAL DE XUÑO.
>>SE VOS XURDE CALQUERA TIPO DE DÚBIDA,
AQUÍ ESTOU PARA RESOLVELAS.
>>TEDES NO BLOG ENTRADAS RELACIONADAS CON CADA TEMA, COMO XA SABEDES.
>>PLAN DE TRABALLO POR NIVÉIS:
>1º ESO: -A-B-C-D. XEOGRAFÍA: Mapas, Tema 1: O planeta Terra, Tema
2: O relevo.
1-Localización: (entrega ata 8 maio)
-Facer os mapas físicos e políticos de América e Oceanía e repasar os mapas de
todos os
continentes xa feitos. Lembrade
que nos mapas políticos deben constar os países e as súas capitais, e en todos eles
os océanos e mares. Os mapas mudos podedes descargalos no blog en https://d-maps.com/index.php?lang=es
-Para facilitar o estudo dos
mapas e soñar un pouco, facer itinerarios sobre os mapas de
posibles viaxes imaxinarias por terra e mar que vos gustaría
realizar, unindo cunha liña os lugares polos que pasarías se quixeras viaxar
de... Cuba a Hong Kong, por exemplo.
-Aprender cada continente e
despois poñer todos os mapas dos continentes xuntos sobre a mesa a modo de mapa mundi, e estudalos de xeito que saibades onde
está cada mar e océano entre eles, e fixedes mellor os lugares por
continente. Primeiro cos mapas políticos
e despois cos físicos.
-Pensade que este estudo de
localización é necesario e importante, pois día a día estase a falar
dos lugares onde ocorren calquera tipo de feitos que son noticia, e se queremos
saber e comprender a pandemia, compre coñecer onde ocorren os acontecementos.
2-O relevo terrestre: (entrega ata 30 maio)
-Recomendo ler comprensivamente os temas 1 e 2 do libro e facer resumos, ata onde sexades capaces de entender. Pensade que hai contidos que xa son coñecidos para vós sobre o planeta terra.
-Tema 1: O planeta terra e a súa representación. Facer as actividades 3, 4, 6, da páx. 22.
-Tema 1: O planeta terra e a súa representación. Facer as actividades 3, 4, 6, da páx. 22.
-Tema 2: O relevo terrestre. Estuda as unidades
de relevo terrestre: continental, costeiro e mariño, guiándote polo libro de Xeografía. Fai
no caderno uns debuxos con cores semellantes aos das páxinas 35, 36, 37. Define
cada un deses conceptos procurando comprender o que son.
<<(O tema 4: Tempo e clima, sería o que
nos quedaría por ver para o curso que vén, porque nesta situación é dificil).
3-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha
pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo
este traballo
de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes
entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela
e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s.
XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html
>2º ESO-C. XEOGRAFÍA: Tema 7: O estudo físico de España e Galicia. Tema
8: A poboación.
1-Localización: (entrega ata 8 maio)
-Facer os mapas políticos de América e Oceanía e repasar os mapas de
todos os continentes xa feitos. Lembrade que nos mapas políticos deben constar
os países e as súas capitais, e en todos eles os océanos e mares. Os mapas
mudos podedes descargalos no blog en https://d-maps.com/index.php?lang=es
-Para facilitar o estudo dos
mapas e soñar un pouco, facer itinerarios sobre os mapas de
posibles viaxes imaxinarias por terra e mar que vos gustaría
realizar, unindo cunha liña os lugares polos que pasarías se quixeras viaxar
de... Vigo a Istambul, por exemplo.
-Aprender cada continente e
despois poñer todos os mapas dos continentes xuntos sobre a mesa a modo de mapa mundi, e estudalos de xeito que saibades onde
está cada mar e océano entre eles, e fixedes mellor os lugares por
continente.
-Este curso toca estudar o Relevo da Península Ibérica, por conseguinte é necesario facer e ter moi
claros os mapa físicos de España e Galicia.
-Pensade que este estudo de
localización é necesario e importante, pois día a día estase a falar
dos lugares onde ocorren calquera tipo de feitos que son noticia, e se queremos
saber e comprender a pandemia, compre coñecer onde ocorren os acontecementos.
2-Tema 7. O estudo físico de España e Galicia. (entrega ata 22 maio)
Recomendo facer o estudo e
resumos. Facer a actividade 15 da páxina 202 porque facilita o estudo, xa que é un esquema
do esencial do tema. Os mapas físicos de España e Galicia xa teñen que estar feitos.
3-Tema 8: A poboación. (entrega
ata 30 maio)
-Podemos abordalo no esencial, definindo os
conceptos básicos que son fáciles de comprender: demografía,
natalidade, mortalidade, mortalidade infantil, taxa de fertilidade, crecemento
natural ou vexetativo, crecemento real, esperanza de vida, envellecemento,
migracións, emigración, inmigración, saldo migratorio, densidade de poboación,
baleiro demográfico. Facer a activiade 23 da
páxina 230, porque serve de esquema xeral.
4-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha
pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo
este traballo
de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes
entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela
e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s.
XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html
>1º BACHARELATO-B: Tema 10: A segunda guerra mundial. Tema 11:
Guerra fría. Tema 13: Democracias populares e países non aliñados.
1-Dando por suposto que xa estudáchedes o tema 9: Democracias e Fascismos,
propoño que estes meses, aínda confinados, vos acheguedes ao estudo dos tres
temas que corresponde traballar este trimestre: temas
10, 11, 13. Para simplificar podedes estudar os resumos, (que están
colgados na páxina web ies beade, no Departamento de Xeografía e Historia). Son
temas que forman parte da historia máis cercana do s. XX e que sabemos que vos
interesa coñecer.
>>Os prazos para o estudo de cada tema son: 8 maio, 22 maio, 30 maio.
Textos
a comentar: fago este selección da que podedes elixir un texto por
tema.
-páx. 266, texto 23. Mussolini e
a súa importancia histórica. (Tema 9)
-páx. 295, texto 18.
Xustificación norteamericana sobre a bomba atómica. (Tema 10)
-páx. 301, texto 27. Os campos de
concentración nazis. (Tema 10)
-páx. 304. texto 30. Acordo de
Ialta. // texto 31. Principios políticos aplicados a Alemaña. (Tema 10)
-páx. 312, texto 1. Un pano de
aceiro divide o mundo. (Tema 11)
-páx. 340, texto 23. A
unificación alemá. (Tema 11)
-páx. 388, texto 20.
Neocolonialismo. (Tema 13)
-páx. 389, texto 21. Os 10
principios de Bandung. (Tema 13)
2-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha