27/06/17

PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO. 1º ESO

Vai unha selección de conceptos básicos para repasar a Prehistoria e Historia Antiga, ademais de conceptos básico de Xeografía e localizar países ou cidades importantes no mapamundi político, e unidades de relevo destacadas nun mapamundi físico.
Procurade traballar estes aspectos para poder acadar un resultado positivo que axude a superar esta materia en setembro. Ánimo, que só se trata de "xogar cos mapas interactivos" e aclarar conceptos básicos da Prehistoria, Antigas Civilizacións: Mesopotamia e Exipto, e da cultura greco-romana, para poder pasar de curso.

-PREHISTORIA:
Paleolítico, Neolítico, Epipaleolítico, Idade dos Metais, Arte rupestre, Homo sapiens, Crecente Fértil, Dolmen, Menhir, Crómlech.

-MESOPOTAMIA:
Zigurat, Teocracia, Ensi ou Patesi, Sumerios, Acadios, Babilonios, Asirios, Politeísmo.

-EXIPTO:
Faraón, Alto Exipto, Baixo Exipto, Momificación, Libro dos Mortos, Templo, Speo, Mastaba, Pirámide, Hipoxeo, Esfinxe, Obelisco, Canon de perfil, Escriba.

-GRECIA:
Polis, metrópole, Hélade, Partenón, bárbaros, fenicios, civilización minoica, Magna Grecia, ordes arquitectónicas, canon de beleza, democracia ateniense, Alexandre Magno, Guerras do Peloponeso, Guerras Médicas. 

-ROMA:
Romanización, etruscos, latinos, Guerras Púnicas, cartaxineses, Xulio César, Octavio César Augusto, Senado, patricio, plebeo, Pax romana, Constantino, Teodosio, bárbaros.

-XEOGRAFÍA:
Vía Láctea, Estrela, Satélite, Planeta, Movemento translación, Movemento rotación, Paralelo, Meridiano, Latitude, Lonxitude, Mapa topográfico, Mapa temático, Escala, Fusos horarios, Plano, Codia terrestre, Manto, Núcleo, Placa tectónica, Axentes erosivos, Terremoto, Maremoto, Tsunami, Volcán, e os diferentes Tipos de Relevo continental, costeiro e submarino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario