12/06/17

EXERCICIO DE RECUPERACIÓN DE 1º ESO. XUÑO.

Xa que hai alumnado que non recuperou o exercicio dos mapas políticos, establecemos que entre o mércores 21 e o xoves 22 de xuño, faremos un exercicio sobre unha selección de conceptos básicos para repasar Grecia e Roma, ademais de localizar países ou cidades importantes no mapamundi político, e unidades de relevo destacadas nun mapamundi físico.
Procurade traballar estes aspectos para poder acadar un resultado positivo que axude a superar esta materia en xuño. Ánimo, que só se trata de "xogar cos mapas interactivos" e aclarar conceptos básicos da cultura greco-romana, para poder pasar un verán relaxado e libre no que ocuparnos con outras actividades do noso gusto.

-GRECIA:
Polis, metrópole, Hélade, Partenón, bárbaros, fenicios, civilización minoica, Magna Grecia, ordes arquitectónicas, canon de beleza, democracia ateniense, Alexandre Magno, Guerras do Peloponeso, Guerras Médicas. 

-ROMA:
Romanización, etruscos, latinos, Guerras Púnicas, cartaxineses, Xulio César, Octavio César Augusto, Senado, patricio, plebeo, Pax romana, Constantino, Teodosio, bárbaros.

                                                   Frescos da Vila de Livia en Prima Porta. s. I a.c.

Ningún comentario:

Publicar un comentario