- TRABALLO DE RECUPERACIÓN: haberá un exame para o alumnado que suspendera todo ou algunha das avaliacións:
- Facer un mapa da Antiga Grecia e outro da Antiga Roma destacando os lugares máis importantes, mares e puntos cardinais.
- Facer as liñas do tempo da Antiga Grecia e da Antiga Roma.
- Estudar o tema 1: As linguas e a súa orixe clásica.
- Guiándote polos recursos colgados neste blog, estuda a Mitoloxía.
- Comparar a Democracia ateniense e a Democracia actual. Faino en 2 columnas.
- A República romana.
- Fai a pirámide da sociedade romana.
- Características da arte grega e da arte romana. Obras principais.
- Selección de conceptos para definir: mitoloxía, mito, antropomórfico, politeísmo, holocausto, hecatombe, festas dionisíacas. festas Lupercais, festas saturnais, paterfamilias, barca de Caronte, mausoleo, matrimonio, gineceo, sesta, toga, triclinio, termas, polis, acrópole, etruscos, senado, maxistrados, patricios, plebeos, cursus honorum, canon de beleza, orde arquitectónica, anfiteatro, mosaico.
>>Para quen ten que recuperar a 2ª avaliación, os temas son:
- O mundo da muller, matrimonio e fillos.
- Historia da antiga Grecia. Mapa de Grecia antiga
>>Para quen ten que recuperar a 3ª avaliación, os temas son:
- O mundo masculino.
- Historia da antiga Roma. Mapa do Imperio romano.
- Arte grega e romana. Obras principais.
- TRABALLO DE AMPLIACIÓN: para aquel alumnado que está aprobado:
- Ten que realizar un traballo de investigación ao redor do relato dalgún deus ou personaxe da mitoloxía grega ou romana. Pode facerse de xeito individual ou por parellas, procurando que non se repitan os deuses/as elixidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario