09/06/22

ACTIVIDADES DE REFORZO, RECUPERACIÓN E AMPLIACIÓN PARA A AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DE XUÑO. 3º ESO.


-TRABALLO DE RECUPERACIÓN: para o alumnado que teña que recuperar todo ou algunha avaliación suspensa.

1- Situarse no espazo e no tempo:

-Estudar os mapas físicos e políticos. Facer itinerarios de viaxes inventadas sobre eles. Todoa os continentes, pero sobre todo os de Galicia, España e Europa. 

-Facer no caderno a liña do tempo da Historia Moderna. Tamén a de España na Idade Moderna: Reis Católicos, descubrimento de América, reinado dos Austrias, facendo constar os feitos máis relevantes. (Recomendable colorealas para que sexan máis clars.)

2- Facer a pirámide da sociedade da Idade Moderna en Europa.

3- Características da Arte  Renacentista e da Arte Barroca: facelo en 2 columnas  para comparalas. Incluír os séculos en que se dan.

4- Repasar os mapas históricos: descubrimento de América (páx. 35, 36, 39), división relixiosa en Europa (páx. 51), o Imperio de Carlos V (páx. 57), Epaña no s. XVII (páx. 79).

5- Causas e consecuencias do Descubrimento de América.

6- Fai o esquema dos territorios herdados por Carlos I de España e V de Alemaña, e que territorios deixou el en herdanza.

7- Estudar o tema 5 de Xeografía: Actividades económicas.

8- Fago unha selección dos conceptos a definir: Idade Moderna, Humanismo, Renacemento, sistema doméstico, capitalismo comercial, burguesía, Estado Moderno ou Monarquía Autoritaria, antropocentrismo, Leonardo  da Vinci, Miguel Ángel, Jan van Eyck, El Bosco, Alberto Durero, Reis Católicos, Honrado Concejo de la Mesta, Capitulacións de Santa Fe, Tratado de Tordesillas, Cristóbal Colón, Fernando de Magalhâes, Juan Sebastián Elcano, Frei Bartolomé de las Casas, Vicerreinados, crioulos, Reforma protestante, Martín Lutero, Xoán Calvino, Henrique VIII, Contrarreforma, valido, Monarquía absoluta, Parlamentarismo inglés, Guerra de Sucesión española, Século de Ouro. 


-TRABALLO DE AMPLIACIÓN: aquel alumnado que está aprobado ten que facer un pequeno traballo de investigación individual ou por parellas. 

- Propoño temas que teñen que ver coas actividades económicas de Galicia ou de Vigo. Elixide un tema, a ser posible que non se repita:

Inditex - Citroen en Vigo - Pescanova en Vigo - Fábrica de conservas de Massó en Cangas - Fábrica de Louza Álvarez en Vigo - Asteleiros de Vigo - antigas salazóns. 

- Pode elixirse tamen algún artista da Arte Renacentista ou Barroca para saber máis del e da súa obra. 

Sería interesante centrarse na obra de mulleres artistas desas épocas, que foron relegadas pola historia como: Sofonisba Anguissola, Artemisia Gentileschi, Lavinia Fontana, Clara Peeters, Judith Leyster...

Ningún comentario:

Publicar un comentario