03/12/20

PERVIVENCIA DAS CELEBRACIÓNS DE CULTURAS ANTIGAS NA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL

Fiandeira dos Reises de Valledor. Fotógrafo: Roberto de la Torre.

Vella dos Reises de Valledor. Fotógrafo: Roberto de la Torre.

-Vídeo: A figura da Vella no Entroido. Lidia Mariño. (40') VIII Xornadas do Entroido de Galiza. Febreiro 2020. Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) 

https://www.youtube.com/watch?fbclid=IwAR2sHJbyQU8N7-3NmekjttmcAyA5QJQkzCX_iuogSvh_HnYEOQWBce03tuQ&v=2uILQBsejQ0&feature=youtu.be

                    A Galdrapa de San Pedro de Silva. Portugal. Fotógrafo: Roberto de la Torre.

                     Fiandeira de Vigo de Sanabria. Zamora. Fotógrafo: Roberto de la Torre.

-Vídeo: O Entroido. Reminiscencia dun ancestral ritual de inverno. Lidia Mariño. (47,22)  IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2021/02/12/o-entroido-reminiscencia-dun-ancestral-ritual-de-inverno-por-lidia-marino/?fbclid=IwAR2bAyjvhgm-RBvgzNz96aoD73YJ4AMbBG9waPS6mo9yg7sJJ5c5f4TTUf4


-Vídeo: O jogo de Entrudo no Brasil colonial: semellanza co Entroido ourensán. Carlos Ares. (45'36) IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2021/02/13/o-jogo-do-entrudo-no-brasil-colonial-semellanzas-co-entroido-ourensan-por-carlos-ares/?fbclid=IwAR0z1k8uKIA5LqlMSMI0PzDx6MHcBf6vNk-hgRj-puiKGftOlZ_EtjuVmbw


-Vídeo: As Tropas de Máscaras e Antroidos nas fronteiras do Mundo. José Luís Cardero. (53.22) . IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2021/02/14/as-tropas-de-mascaras-e-antroidos-nas-fronteiras-do-mundo-por-jose-luis-cardero/


-Vídeo: As vacas e os touros no Entroido. Un percorrido visual polas representacións animais do entroido. Roberto de la Torre. (19,14).  IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2021/02/15/as-vacas-e-os-touros-no-entroido-un-percorrido-visual-polas-representacions-animais-do-entroido-por-roberto-de-la-torre/


-Vídeo:  . IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).


-Vídeo:  . IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).



-Vídeo:  . IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).



-Vídeo:  . IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).



-Vídeo:  . IX Xornadas de Entroido de Galiza. Febreiro 2021. Sociedade antropolóxica galega. (SAGA).






02/12/20

CINEMA E CULTURA CLÁSICA

-Presentación: relato mitolóxico de Jasón e os argonautas (26).

https://es.slideshare.net/MeliSanMartin/jason-y-los-argonautas

-Filme: Jasón y los argonautas. 1963. Don Chaffey. (1h 44')

https://www.youtube.com/watch?v=tiD8HGUBIo4



FILME: JASÓN E OS ARGONAUTAS


FICHA TÉCNICA:


TÍTULO:

DIRECCIÓN:

GUIÓN:

PRODUCIÓN:

FOTOGRAFÍA:

ASESORAMENTO:

MONTAXE:

MÚSICA:

ACTORES:

PAÍS:

ANO:

LINGUA:

DURACIÓN:

XÉNERO:

PREMIOS:

 

CUESTIÓNS:

1-     Cubre os datos da ficha técnica do filme.

2-     Conta o argumento do filme (en 10 ou 15 liñas) Quen era Jasón, quen eran os argonautas, que é o vellocino de ouro?

3-  Nomea e di quen son os personaxes mitolóxicos que aparecen na aventura do heroe Jasón: Hera,Medea, Heracles, etc.

4-     Sitúa nun mapa mudo da antiga Grecia os lugares percorridos por Jasón.

5-     Relaciona o argumento do filme co relato mitolóxico de Jasón e os argonautas e analiza ata que punto é fiel ao mito.

6-     Comenta o uso dos efectos especiais, tendo en conta os medios existentes daquela e os actuais. Se é necesario busca información sobre a súa rodaxe e realización.

7-     Comentario e valoración persoal do filme.


09/11/20

CULTURA CLÁSICA. ORIXE E HISTORIA DE GRECIA E ROMA.





 


        -LIÑAS DO TEMPO (OU EIXES CRONOLÓXICOS) DAS ANTIGAS GRECIA E ROMA-



       




*-VÍDEO: La antigua Grecia en 15 minutos. (16,1')

https://www.youtube.com/watch?v=9LMlD7L4Vdk

-VÍDEO: Culturas Prehelénicas: Creta y Micenas. (5,52')

https://www.youtube.com/watch?v=r7SY3DPlS_k

*-VÍDEO: Antigua Grecia I: Minoicos y Micénicos. El Laberinto del Minotauro y la Guerra de Troya. (16,46') . (boa información, pero intercala expresións malsoantes)

https://www.youtube.com/watch?v=cDFFHimQjRo

-VÍDEO: Civilización cretense o minoica. (6,05).

https://www.youtube.com/watch?v=e0Z1Vk4EtUc

*-VÍDEO: Troya: historia y mito. (12,09')

https://www.youtube.com/watch?v=90-hMDSN0C8

*-VÍDEO: Micenas. Grecia. Una visita. (14,58')

https://www.youtube.com/watch?v=2QSHHMkT6qA

-VÍDEO: Historia de la Grecia antigua. (49,22')

https://www.youtube.com/watch?v=DWr_FC-Vo4Y

-VÍDEO: Los siete sabios de Grecia. Carlos García Gual. (51,17')

https://www.youtube.com/watch?v=_zZqwtEdgJk

*-VÍDEO: Fundación de Roma. Rómulo y Remo. (1,52')

https://www.youtube.com/watch?v=7fUoYzL2EbE&feature=emb_logo

-VÍDEO: Historia de Grecia y Roma. (16,58'). (bo resumo pero o narrador di algunha palabra malsoante).

https://www.youtube.com/watch?v=L5Q-bs-gg04




-TEMAS:

-Presentación. Tema 4. O mundo feminino. Santillana. (13 )

-Presentación. Tema 5. O mundo masculino. Santillana. (17)

-As Termas romanas. As de Caracalla.3D (2,16) 

-As Termas de Caracalla. (5,33)

-Presentación. Tema 6. Política e cidadanía. Santillana. (37)


-Presentación. Tema 10. Os espectáculos en Grecia e Roma. Santillana. (38)

08/11/20

DEUSES. MITOLOXÍA GRECORROMANA.

MITOLOXÍA:





-Presentación Tema 2. La religión clásica. (65). Santillana.

-*Vídeo: Cosmogonía.El origen de los dioses del Olimpo. (14,26)

-*Vídeo: Dioses de la mitilogía griega y romana. (3'17)

-*Vídeo: Los 12 dioses del Olimpo. (12'28).

-*Vídeo: Mitología griega y (romana) Introducción.(28'38), (profundiza en conceptos...)

-Vídeo: Curso de mitilogía de Fancisco Javier Álvarez Comesaña. (curso de pago). 
  (Profundiza bastante).



- El paso de la laguna Estigia, (o Caronte cruzando la laguna Estigia). Pintura Renacentista. Óleo sobre táboa do pintor flamenco Joachim Patinir. c. 1520 -

- O MUNDO DOS MORTOS. HADES:

* Prezi -El mundo de los muertos en Grecia y Roma:

https://prezi.com/diqzh9idlemr/el-mundo-de-los-muertos-en-grecia-y-roma/

-La vida de ultratumba según los griegos (texto).

http://www.culturaclasica.com/cultura/vida_ultratumba.htm

-El culto a los muertos en la antigua Roma (texto).

http://www.limes.cat/el-culto-a-los-muertos-en-la-antigua-roma/



- ENLACES A BLOGS DE CULTURA CLÁSICA:

- *Carpe diem semper:

http://carpepinosierra.blogspot.com/

-Almacén de Clásicas:

-http://almacendeclasicas.blogspot.com/

-O tempora, o mores:

http://otempora-omores.blogspot.com/p/cultura-clasica_17.html

-Sapere aude:

http://sapereaudeclasicas.blogspot.com/

- *Atlántika:

https://herederosdelaatlantida.wordpress.com/

-*Aspasia. IES Melide:

http://aspasiamelide.blogspot.com/

-El edén de los Cínicos. (Páxina de coñecemento).

https://www.youtube.com/channel/UCxxT7SaMxEIzWgppOtGP3_Q


19/04/20

PROGRAMA DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. TELETRABALLO. 20 ABRIL 2020.

        Despois das vacacións de Semana Santa, comeza o 3º trimestre, pero este curso temos esta circunstancia tan extraordinaria de estar a vivir a pandemia Covid-19 que nos obriga a seguir respectando o confinamento establecido e facer traballo telemático.
Seguindo as instruccións da Consellería de Educación para estes meses, de abril a xuño, podemos ocuparnos en reforzar e repasar contidos anteriores xa vistos, e tamén introducir, na medida do posible, contidos que se corresponden con temas novos, atendendo a procedementos básicos e comprensibles, que en certos aspectos van estar presentes ou vinculados ao estudo da realidade da Pandemia COVID-19, que vos propoñemos no Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. 


>>O ALUMNADO COA 2ª AVALACIÓN SUSPENSA, QUE NON ENTREGOU AS TAREFAS PROPOSTAS O 16 DE MARZO, TERÁ QUE FACELAS, E O ALUMNADO QUE AS ENTREGOU TERÁ QUE REPASAR. NOS DOUS CASOS SERVIRÁ COMO RECUPERACIÓN.

>>O NOVO  TRABALLO QUE FAGADES AGORA NESTES MESES VALORARASE PARA SUMAR Á NOTA FINAL DE XUÑO.

>>SE VOS XURDE CALQUERA TIPO DE DÚBIDA, AQUÍ ESTOU PARA RESOLVELAS.     

>>TEDES NO BLOG ENTRADAS RELACIONADAS CON CADA TEMA, COMO XA SABEDES.


                                                                                                                                                
>>PLAN DE TRABALLO POR NIVÉIS:

>1º ESO: -A-B-C-D. XEOGRAFÍA: Mapas, Tema 1: O planeta Terra, Tema 2: O relevo.

1-Localización: (entrega ata 8 maio)

-Facer os mapas físicos e políticos de América e Oceanía e repasar os mapas de todos os
continentes xa feitos. Lembrade que nos mapas políticos deben constar os países e as súas capitais, e en todos eles os océanos e mares. Os mapas mudos podedes descargalos no blog en https://d-maps.com/index.php?lang=es

-Para facilitar o estudo dos mapas e soñar un pouco, facer itinerarios sobre os mapas de posibles viaxes imaxinarias por terra e mar que vos gustaría realizar, unindo cunha liña os lugares polos que pasarías se quixeras viaxar de... Cuba a Hong Kong, por exemplo.

-Aprender cada continente e despois poñer todos os mapas dos continentes xuntos sobre a mesa a modo de mapa mundi, e estudalos de xeito que saibades onde está cada mar e océano entre eles, e fixedes mellor os lugares por continente.  Primeiro cos mapas políticos e despois cos físicos.

-Pensade que este estudo de localización é necesario e importante, pois día a día estase a falar dos lugares onde ocorren calquera tipo de feitos que son noticia, e se queremos saber e comprender a pandemia, compre coñecer onde ocorren os acontecementos.

2-O relevo terrestre: (entrega ata 30 maio)

-Recomendo ler comprensivamente os temas 1 e 2 do libro e facer resumos, ata onde sexades capaces de entender. Pensade que hai contidos que xa son coñecidos para vós sobre o planeta terra.
-Tema 1: O planeta terra e a súa representación. Facer as actividades 3, 4, 6, da páx. 22.


-Tema 2: O relevo terrestre. Estuda as unidades de relevo terrestre: continental, costeiro e mariño, guiándote polo libro de Xeografía. Fai no caderno uns debuxos con cores semellantes aos das páxinas 35, 36, 37. Define cada un deses conceptos procurando comprender o que son.

<<(O tema 4: Tempo e clima, sería o que nos quedaría por ver para o curso que vén, porque nesta situación é dificil).

3-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo este traballo de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s. XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html


                                                      Mapa de Galicia de Mercator. 1613

>2º ESO-C. XEOGRAFÍA: Tema 7: O estudo físico de España e Galicia. Tema 8:  A poboación.

1-Localización: (entrega ata 8 maio)

-Facer os mapas políticos de América e Oceanía e repasar os mapas de todos os continentes xa feitos. Lembrade que nos mapas políticos deben constar os países e as súas capitais, e en todos eles os océanos e mares. Os mapas mudos podedes descargalos no blog en https://d-maps.com/index.php?lang=es

-Para facilitar o estudo dos mapas e soñar un pouco, facer itinerarios sobre os mapas de posibles viaxes imaxinarias por terra e mar que vos gustaría realizar, unindo cunha liña os lugares polos que pasarías se quixeras viaxar de... Vigo a Istambul, por exemplo.

-Aprender cada continente e despois poñer todos os mapas dos continentes xuntos sobre a mesa a modo de mapa mundi, e estudalos de xeito que saibades onde está cada mar e océano entre eles, e fixedes mellor os lugares por continente. 

-Este curso toca estudar o Relevo da Península Ibérica, por conseguinte é necesario facer e ter moi claros os mapa físicos de España e Galicia.
-Pensade que este estudo de localización é necesario e importante, pois día a día estase a falar dos lugares onde ocorren calquera tipo de feitos que son noticia, e se queremos saber e comprender a pandemia, compre coñecer onde ocorren os acontecementos.

2-Tema 7. O estudo físico de España e Galicia(entrega ata 22 maio)

Recomendo facer o estudo e resumos.  Facer a actividade 15 da páxina 202 porque facilita o estudo, xa que é un esquema do esencial do tema. Os mapas físicos de España e Galicia xa teñen que estar feitos.

3-Tema 8:  A poboación. (entrega ata 30 maio)

-Podemos abordalo no esencial, definindo os conceptos básicos que son fáciles de comprender: demografía, natalidade, mortalidade, mortalidade infantil, taxa de fertilidade, crecemento natural ou vexetativo, crecemento real, esperanza de vida, envellecemento, migracións, emigración, inmigración, saldo migratorio, densidade de poboación, baleiro demográfico. Facer a activiade 23 da páxina 230, porque serve de esquema xeral.

4-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo este traballo de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s. XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html



>1º BACHARELATO-B: Tema 10: A segunda guerra mundial. Tema 11: Guerra fría. Tema 13: Democracias populares e países non aliñados.

1-Dando por suposto que xa estudáchedes o tema 9: Democracias e Fascismos, propoño que estes meses, aínda confinados, vos acheguedes ao estudo dos tres temas que corresponde traballar este trimestre: temas 10, 11, 13. Para simplificar podedes estudar os resumos, (que están colgados na páxina web ies beade, no Departamento de Xeografía e Historia). Son temas que forman parte da historia máis cercana do s. XX e que sabemos que vos interesa coñecer. 

>>Os prazos para o estudo de cada tema son: 8 maio, 22 maio, 30 maio.

Textos a comentar: fago este selección da que podedes elixir un texto por tema.
-páx. 266, texto 23. Mussolini e a súa importancia histórica. (Tema 9)
-páx. 295, texto 18. Xustificación norteamericana sobre a bomba atómica. (Tema 10)
-páx. 301, texto 27. Os campos de concentración nazis. (Tema 10)
-páx. 304. texto 30. Acordo de Ialta. // texto 31. Principios políticos aplicados a Alemaña. (Tema 10)
-páx. 312, texto 1. Un pano de aceiro divide o mundo. (Tema 11)
-páx. 340, texto 23. A unificación alemá. (Tema 11)
-páx. 388, texto 20. Neocolonialismo. (Tema 13)
-páx. 389, texto 21. Os 10 principios de Bandung. (Tema 13)

2-Proxecto Interdisciplinar: Historia dunha pandemia. O ser humano confinado. (entrega ata o 5 xuño). De fondo vos propoño ir facendo este traballo de investigación seguindo as pautas explicadas nas diferentes entradas do blog con recursos ao redor desta realidade, para tratar de coñecela e entender o que estamos a vivir, que será contado nos libros de Historia do s. XXI. https://sucedeokesei.blogspot.com/2020/04/proxecto-interdisciplinar-historia.html



14/04/20

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: HISTORIA DUNHA PANDEMIA - O SER HUMANO CONFINADO.


Serie: Confinamento fotográfico. Fotografías María Moldes Rodal.

"Se un pode realmente penetrar na vida doutra época, está a penetrar na propia vida"-
 T.S. Eliot, escritor (Misuri 1888-Londres 1965).

Entre varias profesoras/es de diferentes Departamentos do IES BEADE xurdiu a proposta de facer un PROXECTO INTERDISCIPLINAR ao redor da experiencia que estamos a vivir en medio do confinamento provocado pola pandemia do coronavirus ou virus SARS-COV-2 causante da enfermidade COVID-19 que nos está a afectar.

En especial, as diversas vivencias persoais que a mocidade pode estar tendo ante esta realidade, son unha base fundamental da que partir para engadir a toda unha serie de  recursos, fontes documentais actuáis ou históricas, que lles axuden a entender este feito, as súas causas e consecuencias, para que resolvan as dúbidas e desenmascaren os bulos ou "facks", baseándonos en fontes de información fiables. 

Por iso vos invitamos a investigar, indagar, a facervos preguntas, que vos leven a comprender esta situación que nos afecta directamente e que se convertiu nunha pandemia, porque se trata dunha epidemia mundial. Non é a primeira vez que se dá na historia da humanidade, por iso é importante ver cara ao pasado para coñecer como se viviron esas pandemias, e tamén analizar o presente para comprendelo e mirar cara o futuro cuestionando os acertos ou erros do sistema de vida da nosa época e as súas consecuencias positivas ou negativas.


                                    Serie: Confinamento fotográfico. Fotografías María Moldes Rodal. 


-OBXECTIVOS:

-Que o alumnado adquira coñecementos e faga unha aprendizaxe comprensiva e activa dos diversos aspectos ao redor desta pandemia do coronavirus, partindo da análise de datos contrastados sacados de fontes fiables, para ir construíndo este complicado puzzle do que estamos a ser protagonistas. 

-Para iso atenderemos aos seguintes aspectos: chamando ás portas da historia das pandemias, a xeografía dunha pandemia, a ciencia, a medicina, os servizos sanitarios, as resolucións políticas, a situación económica e laboral, a situación da educación, o medio ambiente, o uso das novas tecnoloxías, a comunicación cibernética, as posturas éticas, as relacións familiares, o efecto psicolóxico, o mantemento físico, a alimentación, as manifestacións culturais, literarias, artísticas, e, por suposto, o papel dos medios informativos. 

-Porque é fundamental entender as causas para entender as circunstancias e valorar as consecuencias que este feito extraordinario está a ter nas nosas vidas e vai ter no futuro a todos os nivéis. O que nos leva a facer unha reflexión profunda da condición humana e do noso papel no medio ambiente no que habitamos.

-Este proceso de investigación interdisciplinar é un procedemento que tamén nos permite traballar e vincular contidos de cada materia e as competencias establecidas para cada nivel educativo nas Programacións Didácticas dos diferentes Departamentos. Deste xeito atendemos a certos contidos programados, na medida do posible, e ao repaso de contidos xa estudados antes do confinamento. Trátase de deseñar as tarefas a realizar e propoñelas ao alumnado de cada nivel, facilitando a telecomunicación ata onde está nas nosas mans.

-Dadas as circunstancias excepcionais e as directrices da Conselllería de Educación, asumimos e somos conscientes de que os procesos de ensinanza-aprendizaxe que se levaron e levan a cabo dende o 13 de marzo de 2020 ata a fin do confinamento, non son avaliables, e deben servir para reforzar e repasar os contidos e coñecementos adquiridos.

-Destacar as dificultades que presenta esta situación para toda a comunidade educativa e ter que adaptármonos á teledocencia, pero tamén sinalo o que ten de positivo que o alumnado traballe sen que a finalidade sexa un mero exame ao uso e que aprendan polo interese ou o pracer de facelo.
                               Serie: Confinamento fotográfico. Fotografías María Moldes Rodal. 

-METODOLOXÍA:

Un dos aspectos fundamentáis é a motivación do alumnado, e para iso contamos con contidos moi significativos que enlazan coa realidade que rodea ó alumno/a –física, social, económica...-, cos coñecementos previos, coas necesidades psicolóxicas, coa súa vontade de saber cousas concretas –temas interesantes-, etc


O noso método atende a un modelo de ensinanza-aprendizaxe comprensivo e activo, que vai do local ao universal, para preparar a cidadáns a través da adquisición e o desenvolvemento das competencias básicas, coa finalidade de que:
             - poidan facer posible o pleno exercicio da cidadanía no marco da sociedade de
               referencia.
      - constrúan un proxecto de vida satisfactorio.
      - acaden un desenvolvemento persoal, emocional e afectivo equilibrados.
     
                                 Serie: Confinamento fotográfico. Fotografías María Moldes Rodal. 


-PROCEDEMENTOS:

-Facer as preguntas consabidas para darlle resposta aos interrogantes aos que nos enfrontamos os humanos dende o confinamento de alcance global, converténdovos en investigadores, xornalistas, científicos, historiadores, etc:


-Que é, que sucedeu?

-Cando ocorre?
-Onde ocorre?
-Como se van sucedendo os feitos, o proceso?
-Por que ocorreu, cales son as causas?
-Cales son as consecuencias?

-Facer unha liña do tempo (ou eixe cronolóxico) para situar os feitos. Unha liña mundial, outras por países (China, Italia, EEUU, España. Galicia...) comparativas.


-Localizar sobre o mapa os lugares maís e menos afectados con datos actualizados. 

-Elaborar gráficos cos datos da evolución da pandemia, tendo en conta as variables de contaxiados, hospitalizados, mortes.

-Elaborar un guión e esquemas para ir ordenando a información nos diferentes aspectos a tratar. 

-Destacar os aspectos que máis interese espertan en cada un.

-Buscar representacións da enfermidade e da morte na Historia da Arte.

-Como conclusión é interesante que deades a visión que tivo cada un de vós da pandemia e do confinamento, contando a vosa experiencia, como vos sentíchedes, etc.

-Ao final do traballo, facer constar as fontes de información consultadas.

>>*Por suposto, que calquera tarefa que fagamos ten que estar escrita en lingua galega.

-Presentar o traballo resultante cos contidos elaborados no soporte que cadaquén prefira cos medios e recursos dos que se dispoña: en papel, cartolina, texto de Word, presentación en Power Point, imaxes fotográficas, debuxos, planos, mapas, vídeo, etc.

>>O prazo de entrega é ata o 5 de xuño como máximo.

-Pola nosa parte, como docentes, guiaremos e seguiremos o descorrer do seu traballo unha vez deseñadas estas propostas a realizar cunha metodoloxía activa.

-Neste blog haberá unha serie de entradas ou post diferentes con recursos relacionados cos diferentes aspectos da pandemia a investigar, que iremos
engadindo e actualizando ao longo deste tempo.

Este Proxecto queda aberto a novas aportacións ou modificacións que o poidan mellorar ou enriquecer.



                                   Serie: Confinamento fotográfico. Fotografías María Moldes Rodal.