RESUMO TEMA 6 - OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS
1- O NACEMENTO DOS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS
- OS NÚCLEOS DE RESISTENCIA CRISTIÁ
- No 711 nobres e eclesiásticos cristiáns refúxianse en zonas montañosas do norte.
- Nos séculos VIII e IX xurden os primeiros reinos e condados cristiáns:
- Zona Cantábrica > Reino astur-leonés.
- Zona Pirenaica > Reino de Navarra.
> Condados aragoneses e cataláns.
- O PROCESO DE RECONQUISTA
- Ata o s. X a situación de dominio na Península Ibérica é favorable a Al-Ándalus.
- No s. XI dase un equilibrio de forzas coa división dos Reinos de Taifas musulmáns.
- Nos ss. XII-XV Reconquista é favorable aos reinos cristiáns: Castela, Aragón, Portugal
No 718, Pelaio, caudillo cristián, vence os musulmáns na Batalla de Covadonga no 722.
1/ ZONA CANTÁBRICA: > Reino de Asturias, capital Oviedo. Máxima expansión con
Alfonso III (886-910).
> Reino de León, capital en León.
2/ ZONA PIRENAICA: > Marca Hispánica baixo Carlomagno. Independízanse no s. IX
3 núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os Condados Cataláns.
-NAVARRA: s. IX - Íñigo Arista expulsou as tropas francas > primeiro rei de Pamplona
Nace o Reino de Navarra.
-ARAGÓN: s. IX – Condados: Aragón, Sobrarbe e Ribagorza vencen o poder carolinxio.
> Conde Aznar Galíndez, dominio sobre o Condado de Aragón no 820.
-CONDADOS CATALÁNS: s. IX –Wilfredo o Piloso, conde de Urgell, domina esta zona.
> finais s. X, Cataluña consolidou a súa independencia.
>> (Comentar o mapa da pax. 138: Os territorios cristiáns hispánicos cara ao s. X.)
2- DO REINO DE LEÓN Á COROA DE CASTELA
- O CONDADO DE CASTELA
- No s. X consolídase o poder de Castela: terra fronteiriza con castelos defensivos, con diferentes condados unidos baixo o Conde Fernán González (930-970) que dende 951 goberna en Castela de forma independente, aínda que seguía a ser vasalo dos reis de León.
- A CREACIÓN DO REINO DE CASTELA
- No 1035 Castela converteuse nun reino propio con Fernando I, tamén rei de León.
- Nos ss. XI, XII e XIII consolídase o reino castelán-leonés, o máis extenso e poderoso.
- En 1142, Portugal acada a independencia.
- A FORMACIÓN DA COROA DE CASTELA
- Castela e León separáronse e uníronse varias veces, por herdanzas.
- A unión definitiva dase en 1230 con Fernando III, formando a Coroa de Castela.
3- A EVOLUCIÓN DOS NÚCLEOS PIRENAICOS
- O REINO DE NAVARRA
- A partir do s. X goberna en Navarra a dinastía Ximena.
- Entre o 1000 e 1035, máximo esplendor con Sancho III o Maior: incorporou os Condados aragoneses, Castela, e boa parte de León.
- En 1035 o reino fragméntase entre os seus fillos:
- García Sánchez (1035-1054) - Rei de Navarra.
- Fernando I (1035-1065) -Rei de Castela (León).
- Ramiro I (1035-1063) –Rei de Aragón.
- Gonzalo (1035-1045) –Condados de Sobrarbe e Ribagorza.
- Sancho VII o Forte foi o último monarca da dinastía Ximena, á súa morte sen descendencia provocou a chegada de dinastías ligadas a Francia.
- En 1512, o Reino de Navarra foi invadido e conquistado por Fernando o Católico, incorporándose ao dominio dos Reis Católicos.
- DO REINO DE ARAGÓN Á COROA DE ARAGÓN
- No 922 o Condado de Aragón quedou baixo dominio dos reis de Navarra.
- Ramiro I (1035-1063) convértese no primeiro rei da dinastía aragonesa.
- En 1076, Sancho Ramírez volveu a unir os reinos de Aragón e Navarra ata 1134.
- No s. XII, expansión do Reino de Aragón.
- En 1137, unión do Reino de Aragón e os Condados Cataláns > Coroa de Aragón nace con Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona e a súa muller Petronila, herdeira de Aragón.
4- RECONQUISTA E REPOBOACIÓN
- O AVANCE DOS REINOS CRISTIÁNS
- A RECONQUISTA é o proceso de expansión e avance cara ao sur da Península Ibérica por parte do reis cristiáns dende o s. IX, para volver a conquistar as terras en mans dos musulmáns.
- Proceso lento con diferentes etapas:
> Avance ata o río Douro: ss. IX-X, grupos de campesiños foron colonizando terras e formando pequeñas aldeas.
> A conquista dos vales do río Texo e do Ebro: a partir do 1031 ante a debilidade dos Reinos de Taifas, os reinos cristiáns asentaron o seu dominio ata o río Douro e expandíronse cara ao sur. Os musulmáns pagábanlles parias (en ouro) para evitar os seus ataques. No 1086 conquista de Toledo na Batalla de Sagrajas.
- Nos ss. XI e XII, Portugal e Castela avanzan máis alá do río Texo ata Serra Morena.
> Conquista do val do río Guadalquivir, Levante e Baleares:
- En 1212 os reis cristiáns venceron os almohades na Batalla das Navas de Tolosa.
-Os exércitos cristiáns lanzáronse á Conquista de Al-Ándalus: Portugal conquista o Algarve, Castela fíxose con Andalucía e Murcia, a Coroa de Aragón estendeuse por Valencia e Baleares.
- A REPOBOACIÓN
- A REPOBOACIÓN foi o proceso necesario para fixar poboación e fortalecer o control dos cristiáns sobre os territorios reconquistados.
- Ata o s. XI terras organizadas ao redor dunha vila ou cidade como capital de numerosas aldeas que dependían dela. Outorgábanlles Cartas de poboamento e Foros, documentos que ofrecían privilexios aos que residían nese territorio. Nas aldeas vivían campesiños libres que recibían terras a cambio de cultivalas e defendelas de ataques. Repoboaron as terras entre o val do Douro e o Texo, e parte do val do Ebro.
- A partir do s. XI conquistaron terras pouco poboadas e os reis dividiron estas terras en grandes latifundios que entregaron a familias nobres, á igrexa ou ás ordes militares (monxes-soldados) que tiñan que defender os territorios fronte aos musulmáns. Os campesiños que traballaban nelas eran servos dos señores da Mancha, Extremadura, Baleares, Valencia, Murcia e Andalucía.
- A ORGANIZACIÓN DOS TERRITORRIOS CRISTIÁNS
- O Rei era a máxima autoridade nos territorios cristiáns:
- tomaba as decisión, a Corte era itinerante.
- dirixía o exército (que non era permanente), pero os guerreiros rendíanlle
vasalaxe ao rei. Construíronse fortalezas para defender o territorio.
-A economía baseábase nunha agricultura atrasada e na ausencia de comercio.
5- O FINAL DA IDADE MEDIA NOS REINOS HISPÁNICOS
- A CRISE DO S. XIV NA COROA DE CASTELA
- Malas colleitas, fame e pestes dende finais do s. XIII provocan:
> revoltas campesiñas.
> persecución de xudeus.
> rebelións de nobres, así chegou ao trono de Castela a dinastía Trastámara.
> Enfrontamentos entre nobreza a monarquía continúa.
> Castela mellorou a finais s. XIV e conquistou Xibraltar e as illas Canarias.
- A CRISE DO S. XIV NA COROA DE ARAGÓN
- Crise demográfica e económica dende mediados do s. XIV > problemas.
- Epidemias, revoltas sociais, guerra civil no reinado de Xoán II > crise do s. XV.
- A Dinastía Trastámara accede ao trono en 1412.
- No Compromiso de Caspe é elixido rei de Aragón Fernando I, de Castela.
> Conflitos sociais na Coroa de Aragón:
> Campesiños cataláns ou remensas sublévanse contra os nobres a mediados
do s. XV, conflito resolto en 1468 coa Sentenza Arbitral de Guadalupe a favor
dos remensas
> Estalou unha guerra civil en Barcelona de nobres e burgueses ricos que queren manter os seus privilexios, contra o rei Xoán II apoiado polos artesáns, pequenos comerciantes e os remensas. En 1472 o rei toma a cidade de Barcelona.
> Cataluña perdeu influencia, o porto de Valencia é o primeiro porto da Coroa de Aragón.
>> (Comparar a organización política das coroas de Castela e Aragón, paxs. 146 e 150)
6- GALICIA NA IDADE MEDIA
-O REINO SUEVO E A INVASIÓN MUSULMÁ
-Invasión sueva e creación dun Reino Suevo con capital en Braga no 411 ata o 585.
-Esplendor cultural ao redor dos mosteiros. Destaca o bispo Martiño de Dumio que crea unha rede de mosteiros, organiza o territorio en parroquias e se enfronta á herexía priscilianista.
-Economía rural, as cidades eran pequenos núcleos urbanos.
No s. VIII iníciase a repoboación e incorporación de Galicia á monarquía astur-leonesa: conflitos entre a nobreza galaica e os reis astur-leoneses.
- O REINO DE GALICIA
- Nos ss. XI e XII Galicia tivo períodos con reis propios, pero no s. XIII únese a León e Castela e queda integrada na monarquía castelá, pero conservando a condición de reino sen institucións propias dentro desta monarquía.
- O achado do sepulcro do apóstolo Santiago no ano 813 e o desenvolvemento do culto xacobeo, vinculou a Galicia co resto dos reinos cristiáns e con Europa a través do Camiño de Santiago (ruta xacobea).
- A SOCIEDADE FEUDAL
- Nos primeiros séculos da Idade Media poboación asentada nas aldeas e nas vilas pide protección aos señores, formándose unha sociedade feudal dividida en:
> Minoría de nobres, abades e bispos concentra a propiedade da terra e o
poder político en nome do rei.
> Maioría de campesinos en situación de servidume. O resto de traballadores
agrupábanse en gremios de artesáns, mariñeiros, etc.
- Os mosteiros controlaban moitas terras e a produción agraria. No s. XI expansión do cultivo do viño. Aproveitamento do mar e rutas de comercio co Mediterráneo e Europa do Norte.
- A ERA COMPOSTELÁ E AS CRISES BAIXOMEDIEVAIS
-A partir do s. XI aumento da poboación e auxe das cidades. Caso de Santiago Compostela no s. XII co poder do arcebispo Xelmírez (era compostelá)
-Reguláronse as relación feudais entre campesinos e señores por medio do Foro, un contrato agrario de longa duración que estipulaba unha renda en especie e de servizos de vasalaxe.
- A fins do s. XIII diminúe a poboación polas fames, pestes e guerras: campos abandonados, baixa a produción agrícola, dominio dunha nova nobreza de cabaleiros.
- No s. XV houbo rebelións de campesinos e burgueses contra o poder dos señores feudais: son os levantamentos irmandiños.
- A CULTURA
- Galicia vivíu un apoxeo cultural dende o s. XI ata o XIII: artes, literatura e música impulsadas polas novidades que chegan a través do Camiño de Santiago.
- Os bispos promoveron a construcción de catedrais románicas nas cidades.
- Os abades impulsaron construcións monásticas cistercienses, máis austeras.
- Espallouse un “románico rural” que encheu Galicia de pequenas igrexas.
- Renace a escultura da man do Mestre Mateo, que inflúe en toda Galicia.
- O galego constitúese como lingua de seu que desenvolve unha rica cultura.
>> (Le o apartado de O Camiño de Santiago e resume o importante, paxs. 164-165)
Ningún comentario:
Publicar un comentario