28/03/17

ECONOMÍA E SOCIEDADE NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS







https://es.slideshare.net/angelbernalt/tema-8-el-periodo-de-entreguerras-12974959

http://iesvdelpuerto.juntaextremadura.net/historia/josemiguel/presentaciones/E.S.O/TEMA%208%20EL%20PERIODO%20DE%20ENTREGUERRAS%20CCSS.pdf

http://www.historiasiglo20.org/EG/



CONCEPTOS
– Débeda pública: ante a necesidade de diñeiro que teñen os estados, emiten pagarés a un certo periodo de tempo en que son reembolsados cun determinado interese.
– Patrón ouro: sistema monetario polo cal se fixa o valor dunha divisa en relación á cantidade de ouro que o estado almacena.
– Divisa: moeda propia de cada país, por exemplo, a peseta española ou o franco francés.
– Inflación: subida dos prezos.
– Deflación: baixada dos prezos.
– IPC: índice de prezos ao consumo. Mide o aumento dos prezos dos produtos máis consumidos pola poboación, é dicir, téxtil, alimentos, enerxía e vivenda.
– Autarquía: política económica que tende ao autoabastecemento limitando en todo o posible a dependencia de produtos do exterior.

*- Vídeo: Crack bolsa NY. (8'48)


-Filme. As uvas da ira. John Ford. 1940. (2h)

https://gloria.tv/post/4schg2CAF68VAUNrzkEzkHMR7 (mellor calidade)

http://www.dedominiopublico.org/peliculas/las-uvas-de-la-ira-1940/


FOTOGRAFÍAS DA GRAN DEPRESIÓN:


O goberno de Roosevelt patrocinou a Farm Segurity Administration (Admon. de Seguridade Agrícola) no contexto da Gran Depresión dos anos 30 en EEUU, que tiña unha sección fotográfica que contratou a multitude de profesionais para rexistrar a paisaxe e os rostros da crise, os agricultores desprazados que vivían en condicións de pobreza. Documentaron a América dos anos 1935-45. Entre as coleccións de fotografías arquivadas na Biblioteca do Congreso, destacamos os traballos fotográficos de Dorothea Lange, Walker Evans... 

 Fotos Dorothea Lange
Imagen relacionada

Imagen relacionada

 Fotos Walker Evans
Bud Fields y su familia en casa

Imagen relacionada
 Walker Evans

http://photogrammar.yale.edu/about/fsa_owi/
http://drugstoremag.es/2015/10/-lange-testimonio-de-la-gran-depresion/

10/03/17

TEMA 6- OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS


                                           -Reconquista dos reinos cristiáns. 2'56'

                                           -Reconquista. 8'31'

                                           -Al-Andalus. O tempo e o espazo. 13'42'
                         
                                           -Reinos cristiáns I. 9'5'

                                           -Reinos cristiáns II. 12'56'

                                           -Reinos cristiáns III. 10'1'

                                           -Reinos cristiáns IV. 9'41'

RESUMO TEMA 6 - OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS

1- O NACEMENTO DOS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS

      - OS NÚCLEOS DE RESISTENCIA CRISTIÁ

- No 711 nobres e eclesiásticos cristiáns refúxianse en zonas montañosas do norte.
- Nos séculos VIII e IX xurden os primeiros reinos e condados cristiáns:

      - Zona Cantábrica > Reino astur-leonés.
      - Zona Pirenaica > Reino de Navarra.
                              > Condados aragoneses e cataláns.

      - O PROCESO DE RECONQUISTA

- Ata o s. X a situación de dominio na Península Ibérica é favorable a Al-Ándalus.
- No s. XI dase un equilibrio de forzas coa división dos Reinos de Taifas musulmáns.
- Nos ss. XII-XV Reconquista é favorable aos reinos cristiáns: Castela, Aragón, Portugal

No 718, Pelaio, caudillo cristián, vence os musulmáns na Batalla de Covadonga no 722.

1/ ZONA CANTÁBRICA: > Reino de Asturias, capital Oviedo. Máxima expansión con
                                                              Alfonso III (886-910).
                                   > Reino de León, capital en León.

2/ ZONA PIRENAICA: > Marca Hispánica baixo Carlomagno. Independízanse no s. IX
                               3 núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os Condados Cataláns.

-NAVARRA: s. IX - Íñigo Arista expulsou as tropas francas > primeiro rei de Pamplona
                                                                                      Nace o Reino de Navarra.

-ARAGÓN: s. IXCondados: Aragón, Sobrarbe e Ribagorza vencen o poder carolinxio.
                        > Conde Aznar Galíndez, dominio sobre o Condado de Aragón no 820.

-CONDADOS CATALÁNS: s. IX –Wilfredo o Piloso, conde de Urgell, domina esta zona.
                                  > finais s. X, Cataluña consolidou a súa independencia.

>> (Comentar o mapa da pax. 138: Os territorios cristiáns hispánicos cara ao s. X.)



2- DO REINO DE LEÓN Á COROA DE CASTELA

      - O CONDADO DE CASTELA

- No s. X consolídase o poder de Castela: terra fronteiriza con castelos defensivos, con diferentes condados unidos baixo o Conde Fernán González (930-970) que dende 951 goberna en Castela de forma independente, aínda que seguía a ser vasalo dos reis de León.

      - A CREACIÓN DO REINO DE CASTELA

- No 1035 Castela converteuse nun reino propio con Fernando I, tamén rei de León.

- Nos ss. XI, XII e XIII consolídase o reino castelán-leonés, o máis extenso e poderoso.

- En 1142, Portugal acada a independencia.

      - A FORMACIÓN DA COROA DE CASTELA

- Castela e León separáronse e uníronse varias veces, por herdanzas.

- A unión definitiva dase en 1230 con Fernando III, formando a Coroa de Castela.



3- A EVOLUCIÓN DOS NÚCLEOS PIRENAICOS

      - O REINO DE NAVARRA

- A partir do s. X goberna en Navarra a dinastía Ximena.

- Entre o 1000 e 1035, máximo esplendor con Sancho III o Maior: incorporou os Condados      aragoneses, Castela, e boa parte de León.

- En 1035 o reino fragméntase entre os seus fillos:

      - García Sánchez (1035-1054) - Rei de Navarra.

      - Fernando I (1035-1065) -Rei de Castela (León).

      - Ramiro I (1035-1063) –Rei de Aragón.

      - Gonzalo (1035-1045) –Condados de Sobrarbe e Ribagorza.

- Sancho VII o Forte foi o último monarca da dinastía Ximena, á súa morte sen descendencia provocou a chegada de dinastías ligadas a Francia.

- En 1512, o Reino de Navarra foi invadido e conquistado por Fernando o Católico, incorporándose ao dominio dos Reis Católicos.

      - DO REINO DE ARAGÓN Á COROA DE ARAGÓN

- No 922 o Condado de Aragón quedou baixo dominio dos reis de Navarra.

- Ramiro I (1035-1063) convértese no primeiro rei da dinastía aragonesa.

- En 1076, Sancho Ramírez volveu a unir os reinos de Aragón e Navarra ata 1134.

- No s. XII, expansión do Reino de Aragón.

- En 1137, unión do Reino de Aragón e os Condados Cataláns > Coroa de Aragón nace con Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona e a súa muller Petronila, herdeira de Aragón.



4- RECONQUISTA E REPOBOACIÓN

      - O AVANCE DOS REINOS CRISTIÁNS

- A RECONQUISTA é o proceso de expansión e avance cara ao sur da Península Ibérica por parte do reis cristiáns dende o s. IX, para volver a conquistar as terras en mans dos musulmáns.

- Proceso lento con diferentes etapas:

> Avance ata o río Douro: ss. IX-X, grupos de campesiños foron colonizando terras e formando pequeñas aldeas.
> A conquista dos vales do río Texo e do Ebro: a partir do 1031 ante a debilidade dos Reinos de Taifas, os reinos cristiáns asentaron o seu dominio ata o río Douro e expandíronse cara ao sur. Os musulmáns pagábanlles parias (en ouro) para evitar os seus ataques. No 1086 conquista de Toledo na Batalla de Sagrajas.
- Nos ss. XI e XII, Portugal e Castela avanzan máis alá do río Texo ata Serra Morena.
> Conquista do val do río Guadalquivir, Levante e Baleares:
- En 1212 os reis cristiáns venceron os almohades na Batalla das Navas de Tolosa.
-Os exércitos cristiáns lanzáronse á Conquista de Al-Ándalus: Portugal conquista o Algarve, Castela fíxose con Andalucía e Murcia, a Coroa de Aragón estendeuse por Valencia e Baleares.

      - A REPOBOACIÓN

- A REPOBOACIÓN foi o proceso necesario para fixar poboación e fortalecer o control dos cristiáns sobre os territorios reconquistados.

- Ata o s. XI terras organizadas ao redor dunha vila ou cidade como capital de numerosas aldeas que dependían dela. Outorgábanlles Cartas de poboamento e Foros, documentos que ofrecían privilexios aos que residían nese territorio. Nas aldeas vivían campesiños libres que recibían terras a cambio de cultivalas e defendelas de ataques. Repoboaron as terras entre o val do Douro e o Texo, e parte do val do Ebro.

- A partir do s. XI conquistaron terras pouco poboadas e os reis dividiron estas terras en grandes latifundios que entregaron a familias nobres, á igrexa ou ás ordes militares (monxes-soldados) que tiñan que defender os territorios fronte aos musulmáns. Os campesiños que traballaban nelas eran servos dos señores da Mancha, Extremadura, Baleares, Valencia, Murcia e Andalucía.

      - A ORGANIZACIÓN DOS TERRITORRIOS CRISTIÁNS

- O Rei era a máxima autoridade nos territorios cristiáns:

      - tomaba as decisión, a Corte era itinerante.
      - dirixía o exército (que non era permanente), pero os guerreiros rendíanlle
        vasalaxe ao rei. Construíronse fortalezas para defender o territorio.

-A economía baseábase nunha agricultura atrasada e na ausencia de comercio.



5- O FINAL DA IDADE MEDIA NOS REINOS HISPÁNICOS

      - A CRISE DO S. XIV NA COROA DE CASTELA

- Malas colleitas, fame e pestes dende finais do s. XIII provocan:

      > revoltas campesiñas.

      > persecución de xudeus.

      > rebelións de nobres, así chegou ao trono de Castela a dinastía Trastámara.

      > Enfrontamentos entre nobreza a monarquía continúa.

      > Castela mellorou a finais s. XIV e conquistou Xibraltar e as illas Canarias.

      - A CRISE DO S. XIV NA COROA DE ARAGÓN

- Crise demográfica e económica dende mediados do s. XIV > problemas.
- Epidemias, revoltas sociais, guerra civil no reinado de Xoán II > crise do s. XV.
- A Dinastía Trastámara accede ao trono en 1412.
- No Compromiso de Caspe é elixido rei de Aragón Fernando I, de Castela.

> Conflitos sociais na Coroa de Aragón:

      > Campesiños cataláns ou remensas sublévanse contra os nobres a mediados
        do s. XV, conflito resolto en 1468 coa Sentenza Arbitral de Guadalupe a favor
        dos remensas

      > Estalou unha guerra civil en Barcelona de nobres e burgueses ricos que queren    manter os seus privilexios, contra o rei Xoán II apoiado polos artesáns, pequenos comerciantes e os remensas. En 1472 o rei toma a cidade de Barcelona.

      > Cataluña perdeu influencia, o porto de Valencia é o primeiro porto da Coroa de Aragón.

>> (Comparar a organización política das coroas de Castela e Aragón, paxs. 146 e 150)



6- GALICIA NA IDADE MEDIA

      -O REINO SUEVO E A INVASIÓN MUSULMÁ

-Invasión sueva e creación dun Reino Suevo con capital en Braga no 411 ata o 585.

-Esplendor cultural ao redor dos mosteiros. Destaca o bispo Martiño de Dumio que crea unha rede de mosteiros, organiza o territorio en parroquias e se enfronta á herexía priscilianista.

-Economía rural, as cidades eran pequenos núcleos urbanos.

No s. VIII iníciase a repoboación e incorporación de Galicia á monarquía astur-leonesa: conflitos entre a nobreza galaica e os reis astur-leoneses.

      - O REINO DE GALICIA

- Nos ss. XI e XII Galicia tivo períodos con reis propios, pero no s. XIII únese a León e Castela e queda integrada na monarquía castelá, pero conservando a condición de reino sen institucións propias dentro desta monarquía.

- O achado do sepulcro do apóstolo Santiago no ano 813 e o desenvolvemento do culto xacobeo, vinculou a Galicia co resto dos reinos cristiáns e con Europa a través do Camiño de Santiago (ruta xacobea).

      - A SOCIEDADE FEUDAL

- Nos primeiros séculos da Idade Media poboación asentada nas aldeas e nas vilas pide protección aos señores, formándose unha sociedade feudal dividida en:

      > Minoría de nobres, abades e bispos concentra a propiedade da terra e o
        poder político en nome do rei.

      > Maioría de campesinos en situación de servidume. O resto de traballadores
        agrupábanse en gremios de artesáns, mariñeiros, etc.

- Os mosteiros controlaban moitas terras e a produción agraria. No s. XI expansión do cultivo do viño. Aproveitamento do mar e rutas de comercio co Mediterráneo e Europa do Norte.

      - A ERA COMPOSTELÁ E AS CRISES BAIXOMEDIEVAIS

-A partir do s. XI aumento da poboación e auxe das cidades. Caso de Santiago Compostela no s. XII co poder do arcebispo Xelmírez (era compostelá)

-Reguláronse as relación feudais entre campesinos e señores por medio do Foro, un contrato agrario de longa duración que estipulaba unha renda en especie e de servizos de vasalaxe.

- A fins do s. XIII diminúe a poboación polas fames, pestes e guerras: campos abandonados, baixa a produción agrícola, dominio dunha nova nobreza de cabaleiros.

- No s. XV houbo rebelións de campesinos e burgueses contra o poder dos señores feudais: son os levantamentos irmandiños.

      - A CULTURA

- Galicia vivíu un apoxeo cultural dende o s. XI ata o XIII: artes, literatura e música impulsadas polas novidades que chegan a través do Camiño de Santiago.

- Os bispos promoveron a construcción de catedrais románicas nas cidades.

- Os abades impulsaron construcións monásticas cistercienses, máis austeras.

- Espallouse un “románico rural” que encheu Galicia de pequenas igrexas.

- Renace a escultura da man do Mestre Mateo, que inflúe en toda Galicia.

- O galego constitúese como lingua de seu que desenvolve unha rica cultura.


>> (Le o apartado de O Camiño de Santiago e resume o importante, paxs. 164-165)

04/03/17

SON FEMINISTA... IES Politécnico de Vigo. 8 marzo




No IES Politécnico de Vigo estiveron a argallar estes días que facer de cara ao Día da muller traballadora, e velaiquí o resultado do compromiso da mocidade e dxs ensinantes. 
Estamos todxs invitadxs a pararnos a pensar un intre e dar razóns de por que somos feministas...