01/02/17

Audiovisual: "A NOSA HISTORIA EN 2 MINUTOS"



O meu obxectivo é servirnos dun documento, neste caso un audiovisual, que relata a "historia do mundo en 2 minutos", para dar unhas pautas básicas de comprensión, análise e comentario que servan para achegarse á información e recoñecer que tipo de documento é, se é unha fonte fiable; que conta? como o conta? quen o conta? para que? por que o conta?; tentar discernir o punto de vista, se é obxectivo ou subxectivo, dende onde se constrúe esta historia en rápidos flashes de imaxes; se estamos ante un traballo científico ou de difusión viral, etc. En definitiva, aprender a ser crítico e reflexivo ante a información e ante a nosa historia, ante o que nos mostra e como o mostra...
A verdade é que o procedemento resulta positivo e atractivo e pode xerar comentarios interesantes na aula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario