03/12/23

CLUB DE CINEMA E HISTORIA CONTEMPORÁNEA. LINGUAXE AUDIOVISUAL.

 

Charlot. Personaxe creado por Charles Chaplin

-A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA -

 O CINEMA nace a finais do século XIX (1895 irmáns Lumière) e significa unha novidade a engadir á historia soioeconómica do s. XX. Un filme non é nin máis nin menos que unha sucesión de imaxes fotográficas en movemento (fotogramas proxectados a 24 imaxes por segundo) a traves das que se consigue representar unha realidade para contar unha historia real ou de ficción. O cinema sonoro nace a partir de 1927 (O cantor de jazz) e o cinema en cor aparece a mediados dos anos 30.

 - ESPAZO - Os fragmentos reunidos constitúen unha acción unitaria.

 - TEMPO - É un tempo variable, diferente ao real, que se pode acelerar ou inverter.

- Flash back: salto atrás no tempo (época anterior, recordos…). Analepsis en literatura.

- Elipse: supresión dos elementos tanto narrativos como descritivos dunha historia, de xeito que a pesares de estar suprimidos danse os datos suficientes para poder supoñelos como sucedidos ou existentes. 

- Flash forwd: saltos ao futuro. Prolepsis en literatura. 

 - Recursos para representar o pasado: viraxe de cor, ou de cor a branco e negro, dobres pantallas,         sobreimpresións…

 - Recursos para representar o paso do tempo: reloxo, follas dun calendario caendo, unha vela ou un cigarro consumíndose, cambios de luz, de estacións…


 - MOVEMENTO - 

 - Cámara inmóbil: a principios do cinema. (Móvense os actores dentro do encadre)

 - Montaxe: diversas tomas ou ángulos montados creando acción. 

 - Cámara móbil: - Rotación:

- Panorámica horizontal: (dereita-esquerda ou ao revés) 

 - Panorámica vertical: (ascendente-descendente)

 - Panorámica oblícua: combina as dúas anteriores.

 - Panorámica circular: en ángulo de 360 graos.

 - Barrido: a gran velocidade difuminando a imaxe. - Movemento de balanceo.

 - Traslación:- Travelling:

       - Físico: desprazando a cámara.

       - Óptico: por medio do "Zoom". 

 - Guindastre: toda clase de combinación de movementos.

 - Cámara lenta, cámara rápida, marcha atrás das figuras, imaxe parada… 

  - RITMO -

 - Analítico: planos cortos moi numerosos, ritmo rápido, dinamismo, dramatismo…

 - Sintético: planos largos e pouco numerosos, ritmo lento, monotonía, sensualidade… 

 - "in crescendo": planos cada vez máis breves (tensión, dramatismo) planos cada vez máis longos (relaxación, serenidade)


 - ELEMENTOS DA IMAXE:

 - A ESCALA: 

- Plano: conxunto de imaxes que constitúen unha mesma toma. 

A Planificación é a relación de distancia e tamaño entre a cámara e o motivo. Se tomamos a figura humana como medida, segundo ocupe unha maior ou menor escala na pantalla, o plano chámase: 

- Gran plano xeral: mostra unha grande multitude ou gran escenario. A persoa non está ou está lonxana. Valor descritivo.

 - Plano xeral: mostra un escenario amplo coa persoa incorporada que ocupa unha 1/3 e unha 1/4 parte do encadre. Valor descritivo. 

- Plano de conxunto: mostra un pequeño grupo de persoas ou un ambiente determinado. Interesa a acción e a situación dos personaxes. Valor descritivo, narrativo e dramático.

 - Plano figura: os límites superior e inferior do cadro casi coinciden coa cabeza e cos pes da figura humana. Valor narrativo, pero tamén expresivo ou dramático. 

- Plano americano (ou 3/4): os límites superior e inferior da pantalla coinciden coa cabeza e os xeonllos da persoa. Valor narrativo e dramático. 

- Plano medio: figura cortada pola cintura ata a cabeza. 

 - plano medio corto (o busto) 

 - plano medio largo (da pantorrilla para arriba) 

- Primeiro plano: rostro enteiro da persoa. Valor expresivo, psicolóxico e dramático. 

- Primeirísimo plano: mostra unha parte do rostro ou do corpo.

 - Plano detalle: mostra un obxecto ou parte dun obxecto.

- A PROFUNDIDADE DE CAMPO: 

é o espazo entre o primeiro termo e o último que se enfocan nun mesmo encadre. 

- Obxectivos

      - Grande angular: ten unha gran profundidade de campo e saca os fondos enfocados. 

      - Teleobxectivo: ten pouca profundidade de campo e saca os fondos desenfocados. 

- A ESCENA: consta dunha serie de planos que forman parte dunha mesma acción ou tamén é o ambiente dentro dun espazo e dun tempo concretos.

- A SECUENCIA: é unha serie de escenas que forman parte dunha mesma unidade narrativa. 

- O PLANO-SECUENCIA: é un plano de moita duración que forma unha secuen- cia nun só plano, nunha única toma e conserva as unidades espaciais e temporais. 

- OS ÁNGULOS: a angulación é a diferenza que hai entre o nivel da toma e o motivo que se filma: 

 - Normal: o nivel da toma coincide co centro xeométrico do obxectivo ou coa mirada da figura. A cámara está situada á altura dos ollos dos personaxes. 

 - Picado: cámara inclinada cara ó chan. Expresa inferioridade, humillación, fatalidade, ruína, pesadez. Pode chegar a ser -> "a vista de paxaro" 

 - Contrapicado: cámara inclinada cara arriba. Alarga os personaxes, visión deformada, exalta e expresa superioridade, triunfo. Pode chegar a ser -> "a vista de verme". 

 - Inclinado: cámara inclinada.

 - Ángulo imposible: efectos, trucaxes,(exe: Toma dende dentro dunha neveira) 

 - Ángulo subxectivo: o visor da cámara identifícase co punto de vista dun personaxe.

 - Perspectiva favorable: exemplo: posición de 3/4 do rostro humano.

 - A LUZ: pode ser natural, artificial, difusa (non produce sombras), directa (produce sombras duras).

 - O SON: A banda sonora dun filme está composta de 4 tipos de sons: 

     - A palabra: directa ou voz en off (discurso en 3ª persoa e sen presenza do narrador na imaxe). 

    - A música: ou "leit- motiv" é a repetición dun mesmo tema musical sempre que aparece un mesmo personaxe). 

    - Os ruídos

    - O silencio: pausa, uso dramático. 

- A COMPOSICIÓN DA IMAXE: 

 - O encadre: é o espazo delimitado polo rectángulo que se interpón entre o ollo humano e os obxectos ou personaxes que queren ser captados pola cámara 

 - A composición: dentro do encadre é o equilibrio de liñas, superficies, volumes e espazo entorno ao centro de atención. (As liñas verticais e horizontais son estáticas, as diagonais implican movemento…)


 - A ESTRUCTURA NARRATIVA DUN FILME .

 O paso dun conxunto de encadres a outro debe marcar a acción fílmica fluída.

 - O arranque: é preciso que conteña tensión emotiva, dinamismo, que capte a atención. Debe presentar o conflito, os personaxes que interveñen, os seus problemas, e o que será o núcleo de atención de todo o desenvolvemento argumental. 

- O desenvolvemento: ten que conter calidade emotiva, diversas liñas de forza converxentes e unidade narrativa.

 - A culminación e o desenlace: o "climax" é o momento culminante da narración e o desenlace é a consecuencia lóxica de todo o anterior.

 - A MONTAXE. 

 É a ordenación narrativa e rítmica dos elementos obxectivos do relato. É o proceso de escoller, ordenar e empalmar todos os planos rodados segundo unha idea previa e un ritmo determinado. 

>> Como se fai a separación ou unión dos planos e secuencias dun filme?: 

- por corte. 

- Por fundido en negro: (a escena oscurécese ata non ver nada) o contrario é a apertura en negro (ou branco ou cor). 

- Por encadeado: unha nova escena vai aparecendo por riba dunha antiga que se vai fundindo por superposición. 

- Por cortina: a progresión dunha imaxe na pantalla fai desaparecer, por desprazamento, a imaxe anterior.


                                                 Françoise Truffaut. Os 400 golpes. 1959


PRESENTACIÓNS:

-A linguaxe cinematográfica (34)

https://es.slideshare.net/mmuntane/lenguaje-cinematogrfico-8438988

-A linguaxe cinematográfica (25)

https://es.slideshare.net/jagduran7/lenguaje-cinematogrfico-45957457

-Cine e narración. Introducción á linguaxe cinematográfica

https://cineynarracion.wordpress.com/lenguajecinematografico/


                                                  Georges Méliès . Viaxe á lúa. 1902



14/06/23

ARTE DO SÉCULO XX E XXI

 

                                    Edvard Munch. O grito. 1893. Inicios do expresionismo.

                    Las señoritas de Avinyó (Avignon). Pablo Picasso. 1906-1907  Inicio do cubismo.


                 Umberto Boccioni. Formas únicas de continuidade no espazo. 1913. Futurismo.


-Presentación As vangardas artísticas do s. XX. (40)

https://es.slideshare.net/sophiehernandez94617/vanguardias-siglo-xx

-Presentación: As vangardas. Pintura entre 1910-1930. (16)

https://es.slideshare.net/fdezmarcolain/vanguardias-principios-del-siglo-xx-3860761

-Presentación: Vangardas artísticas do s. XX. (15)

https://es.slideshare.net/jessicamoposita5/vanguardias-artsticas-del-siglo-xx

-Presentación. Arte del s. XX. (64)

https://es.slideshare.net/Cris1994/arte-del-siglo-xx-4225276

-Presentación. Vangardas. (15)

https://es.slideshare.net/Campcris/vanguardias-22157784


23/02/23

ARTE S. XIX: ROMANTICISMO, REALISMO, MODERNISMO, IMPRESIONISMO E POSTIMPRESIONISMO.


A liberdade guiando ao pobo. 1830. Eugène Delacroix. Romanticismo

* -Arte do s. XIX. Romanticismo, Realismo e Modernismo. (25)

https://es.slideshare.net/fenris540/arte-siglo-xix-romanticismo-realismo-y-modernismo


                                        Os picapedreiros. 1849. Gustave Courbet. Realismo



- Impresionismo e Postimpresionismo. (25)


                                                               IMPRESIONISMO
                                         Claude Monet. Campo de mapoulas. 1873


Alfred Sisley. Paisaxe nevado.

                                                          POSTIMPRESIONISMO
                                               Paul Gauguin. Visión tras o sermón. 1888


                                                                           Van Gogh.

                                                        Van Gogh. Noite estrelada. 1889

                            

08/01/23

HISTORIA CONTEMPORÁNEA DE ESPAÑA. S. XVIII, XIX, XX, XXI


                          La familia de Carlos IV. 1800. Francisco de Goya, pintor de Corte. 


                 Los fusilamientos del 3 de mayo en la Moncloa. 1813-14. Francisco de Goya

*-Presentación esquema Hª de España. s.XIX.

http://www.profehistoria.blog/uploads/1/2/9/6/129645435/crisis_monarqui%CC%81a_borbo%CC%81nica.pdf

-*Presentación esquema. A España do s. XIX. A construción dun réxime liberal. (33)

https://es.slideshare.net/TICjuanelo/04-la-espaa-del-siglo-xix-la-construccin-de-un-rgimen-liberal

 *-Vídeo. Crise do Antigo Réxime en España (principios s. XIX). (30,58). nivel

https://www.youtube.com/watch?v=wgEl_k-CSZ4

*-A guerra de Independencia. (ilustrado. 6,58,)

https://www.youtube.com/watch?v=bAWQZewONTI&list=RDLVwgEl_k-CSZ4&start_radio=1&rv=wgEl_k-CSZ4

-Presentación Historia España s. XVIII. (26). (profesorfrancisco).

https://www.profesorfrancisco.es/2020/11/diapositivas-siglo-xviii.html

*-Crise do Antigo Réxime en España: Carlos IV e a Guerra de Independencia. (profesorfrancisco).

https://www.profesorfrancisco.es/2009/11/crisis-del-antiguo-regimen-en-espana.html

*-Presentación Historia España s. XIX. Crise do Antigo Réxime, 1808-1833 (27)

https://es.slideshare.net/ricardochaoprieto/tema-10-la-crisis-del-antiguo-rgimen-18081833

-*Esquema guión Guerra da Independencia española. 1808-18014

https://gestindelamemoria-felix.blogspot.com/2021/02/esquema-guion-la-crisis-de-1808-y-la.html

*-Esquema guión revolución liberal, Cortes e Constitución de Cádiz 1812.

https://gestindelamemoria-felix.blogspot.com/2021/02/revolucion-liberal-cortes-y.html

*-Esquema guión reinado de Fernando VII.

https://gestindelamemoria-felix.blogspot.com/2021/02/esquema-guion-el-reinado-de-fernando.html

                                    Autorretrato. Francisco de Goya

GOYA

-Presentación . Goya, obra y contexto. (3).

https://es.slideshare.net/Paulinita10/goyaobra-y-contexto

-Presentación. Goya e a súa obra. (65)

https://es.slideshare.net/Mariasguirao/goya-etapas-de-su-evolucin-histrica

                                                            Duelo a garrotazos. Goya


                                                   Saturno devorando a su hijo. Goya.