Paula Fernández Bañuelos. Niveis: 1º ESO-A.B.C.D. 2º ESO-C, 1º Bach-B.
pintura etrusca
>>-MEDIOS PARA SEGUIR AS PAUTAS DE TRABALLO:
-BLOG DE AULA:
sucedeokesei.blogspot.com
-COMENTARIOS DE ALUMNOS E PROFESORA EN
CADA ENTRADA DO BLOG. (poden facerse
ao final de cada post (entrada) de cada tema).
-CORREO-e: sucedeokesei@gmail.com
-De
ser necesario, se poderían usar outras canles, pero se considera que estas son
suficientes
-Enlace
ao blog dende a páxina web do IES
Beade.
>>-PAUTAS DE TRABALLO A SEGUIR:
-Alumnas/os e profesora respectarán o HORARIO lectivo habitual
establecido para a asignatura de Xeografía e Historia cada día da semana con
cada grupo.
-Nesas horas a profesora estará pendente e dispoñible para facer
indicacións e atender calquera comentario no blog ou a través do
correo-e que as alumnas e alumnos envíen con dúbidas e preguntas.
-Nesas horas estaremos
traballando, cada un na súa casa, nesta asignatura.
-Deste xeito axudamos a organizar
o plan de estudo que cada alumno/a ten que realizar cada día coincidindo coas
horas desta asignatura.
-A alumnado debe levar o traballo
ao día e seguir as pautas dadas pola profesora.
-A profesora irá colgando a
información necesaria no blog: sucedeokesei.blogspot.com
-O alumnado xa coñece este blog,
porque é o que seguimos na aula cada día, e saben como está organizado para
poder consultalo, traballar cos recursos colgados e facer un bo uso del.
-Cada tema ten entradas (post) específicas, que se
localizan a través das etiquetas (tag) que constan na columna lateral
dereita do blog, onde só teñen que clikar na etiqueta relacionada co tema que
estamos a estudar. Neste caso, en 1º da ESO sería a etiqueta Roma; en 2º ESO serían as etiquetas
referidas ao Islam, musulmáns, arte
musulmá, reinos cristiáns, reconquista; en 1º Bach serían as etiquetas referidas
á crise do 29, entreguerras, fascismo,
nacismo, etc.
-Lembrade que os grupos de 1º e 2º ESO, tedes que ter xa
feitos os mapas físico e político de
África e facer viaxes ou itinerarios por eles para aprender a situar os
lugares. Repasar os mapas anteriores xa
feitos e avaliados.
>-1º ESO-A.B.C.D. tarefas: Tema 5:ROMA
-Primeiro adicádevos a estudar ben: lectura comprensiva, resumos
e esquemas os apartados que xa quedaron explicados e lembrádevos de ir definindo paralelamente os conceptos
importantes do tema.
-Despois facedes o mesmo proceso co resto dos apartados do tema de Roma.
-Para reforzar a aprendizaxe, facer as actividades seguintes ao longo
destes días:
-páx.
97, actv. 8, 10, 11, 12
-páx.99,
actv. da 15 á 20.
-facer
a pirámide da sociedade romana, seguindo o apartado 4- A SOCIEDADE. que xa ten
que estar estudado.
-páx.
103, actv. da 28 á 32.
-páx.
105, actv. 36, 38, 39.
-De prolongarse a corentena,
empezariamos a estudar o esencial do Tema
6: HISPANIA ROMANA, a través de resumos, vocabulario e esquemas:
1-pobos prerromanos, 2-pobos colonizadores, 3-conquista de Hispania.
-Para complementar o estudo sabedes que tedes no blog: presentacións de
diapositivas, vídeos, enlaces a varios filmes, xogos de Mitoloxía, etc. que vos
axudarán a entender perfectamente o tema.
mirador de Daraxa. Alhambra. Granada.
>- 2º ESO-C. tarefas: Tema 5: AL-ÁNDALUS e Tema 6: REINOS
CRISTIÁNS.
-Primeiro adicádevos a estudar ben: lectura comprensiva, resumos
e esquemas os apartados que xa quedaron explicados e lembrádevos de ir definindo paralelamente os conceptos
importantes do tema.
-Despois facedes o mesmo proceso co resto dos apartados do tema de Al-Ándalus e despois do tema 6
sobre os Reinos Cristiáns (cuxo resumo do que hai que saber xa está
colgado no blog).
-Para reforzar a aprendizaxe, facer as actividades seguintes ao longo
destes días:
-liñas do tempo: as etapas da
historia de Al-Ándalus, comparadas
coas liñas do tempo dos Reinos Cristiáns, na mesma folla. Están
nas páxs. 123, 141, 142 do libro.
-estudo
do punto 3- A VIDA EN AL-ÁNDALUS.
-estudo
do punto 4- ARTE E CULTURA EN AL-ÁNDALUS: Mesquita
de Córdoba e Alhambra de Granada.
-páx.
130, actv. 8, 10, 12.
-para
o tema 6, REINOS CRISTIÁNS
seguir o resumo colgado no blog e estudar con máis
profundidade o apartado 10: GALICIA NA
IDADE MEDIA e O CAMIÑO DE SANTIAGO
nas páxs 164 e 165 do libro.
-Para complementar o estudo sabedes que tedes no blog: presentacións de
diapositivas, vídeos, etc. que vos axudarán a entender perfectamente o tema.
fotografía de Margaret Bourke-White
>-1º BACHARELATO-B. tarefas: Tema 8: RECONSTRUCIÓN,
PROSPERIDADE E CRISE.
-Primeiro adicádevos a estudar ben: lectura comprensiva, resumos
e esquemas os apartados que xa quedaron explicados e lembrádevos de ir definindo paralelamente os conceptos
importantes do tema.
-Despois facedes o mesmo proceso co resto dos apartados do tema.
-Para reforzar a aprendizaxe, facer as actividades seguintes ao longo
destes días:
-liña do tempo: indicando os
feitos máis salientables deste período de Entreguerras.
-textos recomendados para ler e comentar:
5, 7, 10, 11, 13.
-De prolongarse a corentena,
empezariamos a estudar o Tema 9:
DEMOCRACIAS E FASCISMOS.
-Para complementar o estudo sabedes que tedes no blog: presentacións de
diapositivas, vídeos, enlaces a filmes, etc. que vos axudarán a entender
perfectamente o tema.