01/06/25

CONTIDOS DESTACADOS PARA A PROBA ORDINARIA DE XUÑO. 4º ESO.


                                                            1ª Revolución Industrial

Vai a relación de conceptos máis destacados e os temas preferentes para favorecer o voso tempo de estudo.


>1ª AVALIACIÓN

-Conceptos:

Antigo Réxime, Revolución industrial, Revolución americana, Revolución francesa, Domestic system,  factory system, éxodo rural, Ilustración, Absolutismo monárquico, Liberalismo, Despotismo ilustrado, Montesquieu, Rousseau, Adam Smith, capitalismo, separación de poderes, sociedade de clases, burguesía, proletariado, feminismo. 

-Temas:

- 1ª, 2ª, e 3ª Revolución industrial.
- Independencia de EEUU.
 -Causas e consecuencias da Revolución francesa.
- Imperio napoleónico.
- A Restauración absolutista. O Congreso de Viena.




                                    Liberdade guiando ao pobo. 1830. Eugene Delacroix


>2ª AVALIACIÓN

-Conceptos:

Marxismo, Anarquismo, Nacionalismo, Movemento sufraxista, Movemento obreiro,  Revolucións liberais,  Trienio liberal español, Fernando VII, Isabel II, carlismo, Constitución de 1812, Primeira República española, Cavour, Garibaldi, Bismarck, Romanticismo, Realismo, Impresionismo, Postimpresionismo.

-Temas:

- Guerra da Independencia española.
- Unificación italiana, Unificación alemá.
- Socialismo utópico, marxismo e anarquismo.
- Arte do s. XIX.

-Liña do tempo das etapas do s. XIX en España.


1ª Guerra Mundial. 1914-1918

           
    >3ª AVALIACIÓN

-Conceptos:

Sexenio revolucionario, Gloriosa revolución, I República española, Desastre de 1898, Sistema canovista, Caciques, Agrarismo, Antonio Gaudí, Goya, Imperialismo, colonialismo, Conferencia de Berlín, 1885, I Guerra Mundial, Guerra de trincheiras, Tratado de Versalles 1919, Tsarismo, soviets, bolxeviques, Periodo de Entreguerras, Crac da bolsa de Nova York ou crise de 1929, Gran Depresión, New Deal, proteccionismo, Felices anos vinte, Sufraxismo, Fascismo.

-Temas:

Expansión colonial e imperialismo. O reparto de África.
- Causas e consecuencias da Iª Guerra Mundial.
- A Revolución bolxevique.
- Causas e consecuencias da Crise de 1929.
- Factores que facilitaron a expansión do fascismo.
- Características comúns dos sistemas fascistas.

-Liña do tempo das etapas do s. XX en España.

CONTIDOS A ESTUDAR PARA A PROBA ORDINARIA DE XUÑO, 2025. 4º ESO-PDC.

 

                                                            1ª Revolución Industrial

Vai a relación de conceptos máis destacados e os temas preferentes para favorecer o voso tempo de estudo.


>1ª AVALIACIÓN

-Conceptos:

Absolutismo monárquico, Despotismo Ilustrado, Antigo Réxime, Revolución industrial, Domestic system,  factory system, éxodo rural, Ilustración, Liberalismo, separación de poderes, Montesquieu, Rousseau, Adam Smith, capitalismo, sociedade de clases, burguesía, proletariado, feminismo. 

-Temas:

- 1ª, 2ª, e 3ª Revolución industrial.
- Texto argumentativo, redacción de una instancia. (Castellano)
- Estudio de modos e tempos verbais irregulares. Castellano e galego.

-Liña do tempo das etapas do s. XVIII en España.


                                    Liberdade guiando ao pobo. 1830. Eugene Delacroix


>2ª AVALIACIÓN

-Conceptos:

Restauración absolutista, Marxismo, Anarquismo, Nacionalismo, Movemento sufraxista, Movemento obreiro, Revolucións liberais, Romanticismo, Realismo, Impresionismo, Postimpresionismo, 
-Temas:

- Independencia de EEUU.
- Causas e consecuencias da Revolución francesa.
- 1804- 1815: O Imperio napoleónico.
- Guerra de Independencia española.
- A Restauración do Absolutismo. O Congreso de Viena.
- As Revolucións liberais de 1820, 1830 e 1848.

- Literatura s.XVIII y s.XIX en España.
- Arte do s.XIX. Romanticismo e Realismo.

-Liña do tempo das etapas do s. XIX en España.


Desembarco de Normandía, 1944. Fotografía: Robert Capa.
           

    >3ª AVALIACIÓN 

-Conceptos:

Nacionalismo, Imperialismo, colonialismo, Garibaldi, Bismarck, Trienio liberal español, Fernando VII, Isabel II, carlismo, Constitución de 1812, Primeira República española, Caciques, Agrarismo, Tratado de Versalles, Guerra de trincheiras, bolxeviques, tsarismo, soviets, Lenin, Stalin, Trotski. Periodo de Entreguerras, Crac da bolsa de Nova York ou crise de 1929, Gran Depresión, New Deal, Keynes, proteccionismo, Felices anos vinte, Autarquía.

-Temas:

- Unificación italiana, Unificación alemá.
Expansión colonial e imperialismo. O reparto de África.
- A Revolución bolxevique.
- Causas e consecuencias da Iª Guerra Mundial.
- Causas e consecuencias da Crise de 1929.
- Factores que facilitaron a expansión do fascismo.
- Causas do estalido da II Guerra Mundial.

-Liña do tempo das etapas do s. XX en España.

CONTIDOS A ESTUDAR PARA AS PROBAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE XUÑO. 1º BACHARELATO.



Vai a relación de conceptos máis destacados e os temas preferentes para favorecer o voso tempo de estudo.


-Conceptos:

Antigo Réxime, Domestic system,  factory system, éxodo rural, fidalguía, Ilustración, Absolutismo monárquico, Liberalismo, Montesquieu, Rousseau, Voltaire, Adam Smith, soberanía nacional, soberanía popular, sufraxio censatario ou restrinxido, sufraxio universal, Constitución, separación de poderes, capitalismo, socialismo utópico, marxismo, anarquismo, movemento obreiro. Movemento sufraxista.

Imperialismo, colonialismo, Revolucións liberais, Unificación italiana, Unificación alemá, Cavour, Garibaldi, Otto von Bismarck, Conferencia de Berlín, Atentado de Saraxevo, Tratado de Versalles, Guerra de posicións ou de trincheiras, bolxeviques, zarismo, Teses de abril, soviets, koljós, NEP, Trostki, Lenin, Stalin, 14 puntos de Wilson, Sociedade de Nacións.

Crac ou crise de 1929, Gran Depresión, New Deal, Keynesianismo, Proteccionismo, Felices anos vinte, Ku Klux Klan, Autarquía, Nacionalismo, Autocracia, Ditadura, Totalitarismo, Fascismo, Nazismo, Marcha sobre Roma, Puch de Munich, Mein Kampf, SA, SS, Xestapo, Lebensraum, Solución final, Franco, Mussolini, Hitler, Duce, Führer, Caudillo, Reichtag, Noite dos coitelos longos, Noite de cristal, Progrom, Potencias do Eixe, Aliados, Pacto xemanosoviético, Liña Maginot, Guerra Lóstrego, Desembarco de Normandía, Eisenhower, Campo de concentración, Campo de exterminio, Mariscal Pétain, Xeneral De Gaulle, Stalin, Wiston Churchill, Truman, Carta do Atlántico, Conferencia de Ialta, Conferencia de Potsdam, Carta de San Francisco, ONU, Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Pano de Aceiro, Guerra Fría, Política de Bloques, Doutrina Truman, Plan Marshall, OTAN, Caza de Bruxas, Doutrina Jdánov, Plan Molotov, COMECON, Pacto de Varsovia, CIA, KGB, Carreira de armamentos, Guerra das Galaxias, Coexistencia pacífica e Distensión, Bloqueo de Berlín, Guerra de Corea, Crise dos mísiles de Cuba, Guerra de Vietnam, Muro de Berlín, Acordos SALT, Descolonización, Terceiro Mundo, Gandhi, Conferencia de Bandung, Países Non Aliñados, Kruschev,  J.F. Kennedy, Nixon, Reagan, Gorbachov, Perestroika, Glásnost, Tratado de Washington, Acta de Unificación de Alemaña. CEI.


-Temas:

-A Revolución industrial. Fases: fontes enerxía, materias primas, industrias, inventos.
-Movementos artísticos do s.XIX: Clasicismo, Romanticismo, Realismo, Impresionismo, Postimpresionismo, Modernismo. 
-A Revolución bolxevique.
-Causas e consecuencias da Iª Guerra Mundial.
-Causas e consecuencias da Crise de 1929.
-Características comúns dos sistemas fascistas.
-Factores que facilitaron a expansión do fascismo no período de Entreguerras.
-Causas e consecuencias da II Guerra Mundial.
-A Guerra Fría e a política de Bloques.



                              Moza ofrecendo unha flor aos soldados. (Marcha pacifista en Washington) Marc Riboud, 1967.


04/12/24

ARTE GALEGA CONTEMPORÁNEA. LUÍS SEOANE...

 LUÍS SEOANE (Bos Aires1910-A Coruña1979)


-Vídeo. Fundación Luís Seoane, unha institución-Homenaxe (2709)

https://www.youtube.com/watch?v=0nrGAmguyhc

-Vídeo. Luis Seoane autor del mural  del Teatro San Martín, Bos Aires (19')

https://www.youtube.com/watch?v=zjT5biZXUe8

-Vídeo. Patrimonios compartidos. La obra de Luis Seoane en Galicia y Buenos Aires. (1,08,25). Pablo García Martínez...

https://www.youtube.com/watch?v=MhhWdnxFnSU

-Vídeo.Luis Seoanae en Bos Aires. Galicia, un relato no mundo. (5')

-https://www.youtube.com/watch?v=oDI-RJOujb4&t=11s

-Vídeo. Muestra Luis Seoane. Bos Aires 2011 (10')

https://www.youtube.com/watch?v=yccBqqNkVJA

01/05/24

REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS. PORTUGAL.

     REVOLUÇÂO DOS CRAVOS - 25 ABRIL 1974



-Vídeo: 50 anos da revolución dos caraveis. (5,40)

https://www.rtve.es/rtve/20190424/revolucion-claveles-50-anos/264254.shtml

-Vídeo: Acontece que no es poco. SER. Revolución de los claveles. (14'10) (subxectivo)

https://www.youtube.com/watch?v=7XAldU5BYnI

-Vídeo: Que foi a revolución portuguesa de 1974? (10'44)

https://www.youtube.com/watch?v=_o9Dk2MypSI

-Vídeo: Evolución de los claveles. Porque el pueblo así lo quiso. (14'59)

https://www.youtube.com/watch?v=cA2TL1SC_KI

-Vídeo: Grândola, Vila Morena. (3,26)

https://www.youtube.com/watch?v=KZyOKXyVN4k

-Vídeo José Afonso canta en 1974 Grândola Vila Morena. (3'13)

https://www.youtube.com/watch?v=HHOHTCQqrEY

28/01/24

ESPAÑA S.XX e S. XXI


 -Vigopedia

https://vigopedia.com/cronologia-de-espana-siglo-xx/

-Presentación: La España del s. XX. Santillana (87)

https://es.slideshare.net/jpem0001/presentacin-la-espaa-del-siglo-xx

-Presentación: Historia de España s. XX (21)

https://es.slideshare.net/gsanfer/historia-de-espaa-siglo-xx-47996932

-Presentación Historia de España s. XX (32)

https://es.slideshare.net/gaut/historia-espaa-siglo-xx

-España en el 1º tercio del s. XX (1902-1939) prezi. (55)

https://prezi.com/p/bc5qq_zlunzo/espana-primer-tercio-siglo-xx-4o-eso/

*-Tiempos de confrontación en España. autora Camen Pagán(1902-19389)

https://carmenpagan.com/2016/03/09/tiempos-de-confrontacion-en-espana/

-2ª República española. Blog profesor Francisco.

https://www.profesorfrancisco.es/2018/03/segunda-republica-y-guerra-civil.html

- Guerra civil española. Blog profesor Francisco Ayén.

https://www.profesorfrancisco.es/2021/05/guerra-civil-espanola.html


-Vídeo (19'35) La guerra civil española dibujada.



-Vídeo, recitado do poema de Antonio Machado, El crimen fue en Granada. Recita Víctor Clavijo.










-Quiz historia España s.XX. (autor, Paco Pajuelo)

https://view.genial.ly/60a0ff90eb2bfa0d4bae2efe/interactive-content-espana-en-el-siglo-xx



ESQUEMA GUÍA COMENTARIO DE TEXTO

(autora Carmen Pagán)




                                          Muerte de un miliciano. Robert Capa. 1936

03/12/23

CLUB DE CINEMA E HISTORIA CONTEMPORÁNEA. LINGUAXE AUDIOVISUAL.

 

Charlot. Personaxe creado por Charles Chaplin

-A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA -

 O CINEMA nace a finais do século XIX (1895 irmáns Lumière) e significa unha novidade a engadir á historia soioeconómica do s. XX. Un filme non é nin máis nin menos que unha sucesión de imaxes fotográficas en movemento (fotogramas proxectados a 24 imaxes por segundo) a traves das que se consigue representar unha realidade para contar unha historia real ou de ficción. O cinema sonoro nace a partir de 1927 (O cantor de jazz) e o cinema en cor aparece a mediados dos anos 30.

 - ESPAZO - Os fragmentos reunidos constitúen unha acción unitaria.

 - TEMPO - É un tempo variable, diferente ao real, que se pode acelerar ou inverter.

- Flash back: salto atrás no tempo (época anterior, recordos…). Analepsis en literatura.

- Elipse: supresión dos elementos tanto narrativos como descritivos dunha historia, de xeito que a pesares de estar suprimidos danse os datos suficientes para poder supoñelos como sucedidos ou existentes. 

- Flash forwd: saltos ao futuro. Prolepsis en literatura. 

 - Recursos para representar o pasado: viraxe de cor, ou de cor a branco e negro, dobres pantallas,         sobreimpresións…

 - Recursos para representar o paso do tempo: reloxo, follas dun calendario caendo, unha vela ou un cigarro consumíndose, cambios de luz, de estacións…


 - MOVEMENTO - 

 - Cámara inmóbil: a principios do cinema. (Móvense os actores dentro do encadre)

 - Montaxe: diversas tomas ou ángulos montados creando acción. 

 - Cámara móbil: - Rotación:

- Panorámica horizontal: (dereita-esquerda ou ao revés) 

 - Panorámica vertical: (ascendente-descendente)

 - Panorámica oblícua: combina as dúas anteriores.

 - Panorámica circular: en ángulo de 360 graos.

 - Barrido: a gran velocidade difuminando a imaxe. - Movemento de balanceo.

 - Traslación:- Travelling:

       - Físico: desprazando a cámara.

       - Óptico: por medio do "Zoom". 

 - Guindastre: toda clase de combinación de movementos.

 - Cámara lenta, cámara rápida, marcha atrás das figuras, imaxe parada… 

  - RITMO -

 - Analítico: planos cortos moi numerosos, ritmo rápido, dinamismo, dramatismo…

 - Sintético: planos largos e pouco numerosos, ritmo lento, monotonía, sensualidade… 

 - "in crescendo": planos cada vez máis breves (tensión, dramatismo) planos cada vez máis longos (relaxación, serenidade)


 - ELEMENTOS DA IMAXE:

 - A ESCALA: 

- Plano: conxunto de imaxes que constitúen unha mesma toma. 

A Planificación é a relación de distancia e tamaño entre a cámara e o motivo. Se tomamos a figura humana como medida, segundo ocupe unha maior ou menor escala na pantalla, o plano chámase: 

- Gran plano xeral: mostra unha grande multitude ou gran escenario. A persoa non está ou está lonxana. Valor descritivo.

 - Plano xeral: mostra un escenario amplo coa persoa incorporada que ocupa unha 1/3 e unha 1/4 parte do encadre. Valor descritivo. 

- Plano de conxunto: mostra un pequeño grupo de persoas ou un ambiente determinado. Interesa a acción e a situación dos personaxes. Valor descritivo, narrativo e dramático.

 - Plano figura: os límites superior e inferior do cadro casi coinciden coa cabeza e cos pes da figura humana. Valor narrativo, pero tamén expresivo ou dramático. 

- Plano americano (ou 3/4): os límites superior e inferior da pantalla coinciden coa cabeza e os xeonllos da persoa. Valor narrativo e dramático. 

- Plano medio: figura cortada pola cintura ata a cabeza. 

 - plano medio corto (o busto) 

 - plano medio largo (da pantorrilla para arriba) 

- Primeiro plano: rostro enteiro da persoa. Valor expresivo, psicolóxico e dramático. 

- Primeirísimo plano: mostra unha parte do rostro ou do corpo.

 - Plano detalle: mostra un obxecto ou parte dun obxecto.

- A PROFUNDIDADE DE CAMPO: 

é o espazo entre o primeiro termo e o último que se enfocan nun mesmo encadre. 

- Obxectivos

      - Grande angular: ten unha gran profundidade de campo e saca os fondos enfocados. 

      - Teleobxectivo: ten pouca profundidade de campo e saca os fondos desenfocados. 

- A ESCENA: consta dunha serie de planos que forman parte dunha mesma acción ou tamén é o ambiente dentro dun espazo e dun tempo concretos.

- A SECUENCIA: é unha serie de escenas que forman parte dunha mesma unidade narrativa. 

- O PLANO-SECUENCIA: é un plano de moita duración que forma unha secuen- cia nun só plano, nunha única toma e conserva as unidades espaciais e temporais. 

- OS ÁNGULOS: a angulación é a diferenza que hai entre o nivel da toma e o motivo que se filma: 

 - Normal: o nivel da toma coincide co centro xeométrico do obxectivo ou coa mirada da figura. A cámara está situada á altura dos ollos dos personaxes. 

 - Picado: cámara inclinada cara ó chan. Expresa inferioridade, humillación, fatalidade, ruína, pesadez. Pode chegar a ser -> "a vista de paxaro" 

 - Contrapicado: cámara inclinada cara arriba. Alarga os personaxes, visión deformada, exalta e expresa superioridade, triunfo. Pode chegar a ser -> "a vista de verme". 

 - Inclinado: cámara inclinada.

 - Ángulo imposible: efectos, trucaxes,(exe: Toma dende dentro dunha neveira) 

 - Ángulo subxectivo: o visor da cámara identifícase co punto de vista dun personaxe.

 - Perspectiva favorable: exemplo: posición de 3/4 do rostro humano.

 - A LUZ: pode ser natural, artificial, difusa (non produce sombras), directa (produce sombras duras).

 - O SON: A banda sonora dun filme está composta de 4 tipos de sons: 

     - A palabra: directa ou voz en off (discurso en 3ª persoa e sen presenza do narrador na imaxe). 

    - A música: ou "leit- motiv" é a repetición dun mesmo tema musical sempre que aparece un mesmo personaxe). 

    - Os ruídos

    - O silencio: pausa, uso dramático. 

- A COMPOSICIÓN DA IMAXE: 

 - O encadre: é o espazo delimitado polo rectángulo que se interpón entre o ollo humano e os obxectos ou personaxes que queren ser captados pola cámara 

 - A composición: dentro do encadre é o equilibrio de liñas, superficies, volumes e espazo entorno ao centro de atención. (As liñas verticais e horizontais son estáticas, as diagonais implican movemento…)


 - A ESTRUCTURA NARRATIVA DUN FILME .

 O paso dun conxunto de encadres a outro debe marcar a acción fílmica fluída.

 - O arranque: é preciso que conteña tensión emotiva, dinamismo, que capte a atención. Debe presentar o conflito, os personaxes que interveñen, os seus problemas, e o que será o núcleo de atención de todo o desenvolvemento argumental. 

- O desenvolvemento: ten que conter calidade emotiva, diversas liñas de forza converxentes e unidade narrativa.

 - A culminación e o desenlace: o "climax" é o momento culminante da narración e o desenlace é a consecuencia lóxica de todo o anterior.

 - A MONTAXE. 

 É a ordenación narrativa e rítmica dos elementos obxectivos do relato. É o proceso de escoller, ordenar e empalmar todos os planos rodados segundo unha idea previa e un ritmo determinado. 

>> Como se fai a separación ou unión dos planos e secuencias dun filme?: 

- por corte. 

- Por fundido en negro: (a escena oscurécese ata non ver nada) o contrario é a apertura en negro (ou branco ou cor). 

- Por encadeado: unha nova escena vai aparecendo por riba dunha antiga que se vai fundindo por superposición. 

- Por cortina: a progresión dunha imaxe na pantalla fai desaparecer, por desprazamento, a imaxe anterior.


                                                 Françoise Truffaut. Os 400 golpes. 1959


PRESENTACIÓNS:

-A linguaxe cinematográfica (34)

https://es.slideshare.net/mmuntane/lenguaje-cinematogrfico-8438988

-A linguaxe cinematográfica (25)

https://es.slideshare.net/jagduran7/lenguaje-cinematogrfico-45957457

-Cine e narración. Introducción á linguaxe cinematográfica

https://cineynarracion.wordpress.com/lenguajecinematografico/


                                                  Georges Méliès . Viaxe á lúa. 1902